Xosé Manuel Pereiro: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición |
|||
Liña 20:
Xosé Manuel Pereiro Sánchez, naceu en Monforte de Lemos no ano 1956. Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade de Complutense, en 1975 funda a [[Colectivo Loia|Revista Loia]], xunto a outros universitarios galegos afincados en Madrid: [[Antón Patiño Pérez|Antón Patiño]], [[Manuel Rivas]] e o seu irmán [[Lois Pereiro]]. Un fanzine con contidos culturais asociados á contracultura underground, nun tempo de moitos cambios políticos, de experimentación e de procura de novos vieiros de expresión. Anos despois, participará na creación da publicación cultural, alternativa, crítica e irónica, “La Naval” (1986-87), auténtico manifesto da “movida atlántica” que aglutinaba a todos os militantes dese “atlantismo”, dende [[Miguelanxo Prado|Miguel Anxo Prado]], ao poeta Lois Pereiro e colaboradores como [[Diego A. Manrique]] ou José Manuel Costa. Tempos cando Galicia emerxe coma referente de transgresión e modernidade, atraendo todas as miradas e provocando fascinación. Rexurdimento cultural auspiciado polo cambio político materializado nunha nacente autonomía, co seu Estatuto, e na televisión pública galega. Actividades que Xose Manuel compaxina coa de letrista e cantante do grupo de rock [[Radio Océano]]. Fundou e dirixiu a [[Revista Bravú]], editada por [[Edicións Xerais de Galicia|Edicións Xerais]] na década de 1990, e no comité de redacción estaba xente como Manuel Rivas ou [[Manu Chao]]. Destacou como revista de contidos alternativos cunha mirada satírica sobre a realidade do país e nela escribiron persoeiros das artes relacionados co movemento homónimo, maiormente musical, chamado bravú. Entre estes [[Xurxo Borrazás]], [[Gonzalo Navaza]], [[Suso de Toro]], [[Xurxo Souto]], [[Fran Alonso]] ou [[Santiago Jaureguízar]]. Tamén foi coeditor do portal bravu.net.
Comezou a súa traxectoria profesional en 1981
Entre as súas obras escritas podemos destacar o seu primeiro libro, ''Si home si'' (2001), onde recolle unha serie de artigos xornalísticos publicados en La Opinión de A Coruña. Textos narrativos vibrantes, directos, intelixentes, e sobre todo divertidos. Unhas auténticas radiografías do noso tempo que desvelan o que subxace ás noticias do día a día e analizan a súa repercusión na nosa sociedade, dende os cambios dos nosos costumes e forma de vida ata a complexidade da situación política nacional e internacional. É un exercicio dun xornalismo rabudo, que desmonta as falacias de calquera poder ou do comunmente establecido e provoca a reflexión... e o sorriso. En 2011, xunto con uns vinte autores galegos, publican ''A Praza é Nosa. Quen constrúe a Democracia?'' Obra para a reflexión sobre as orixes, composición, causas e consecuencias do movemento [[15-M|15M,]] co obxectivo de contribuír a enriquecer o debate sobre tan importante movemento cidadán e procurar respostas que podan axudar a construír unha democracia comprometida co ben común, a solidariedade, a liberdade e a xustiza. Tempo despois, publica a obra ''Prestige. Tal como foi, tal como fomos''<ref>[http://www.20editora.com/index.php/prestige-tal-como-foi-tal-como-fomos.html Prestige. Tal como foi, tal como fomos]</ref> (2014)'','' onde narra, con humor, a catástrofe empezando polo momento no que se recibiu o aviso de emerxencia no Centro de Salvamento Marítimo de Fisterra ata os acontecementos posteriores. Segundo o autor, o [[Prestige]] foi unha “traxedia” que deu a oportunidade para demostrar a dignidade da sociedade galega.
|