Cuns, Coristanco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 19:
==Toponimia==
Non dispoñemos de información para os topónimos de [[Cuns]], [[Albres]], [[Moucos]] e [[Sordíns]]. Para os demais lugares séguense as ideas propostas, basicamente, por [[Fernando Cabeza Quiles]]. [[A Balsa]]: este nome ten unha orixe prerromana cun primeiro significado de sitio ou valgada encharcada e máis tarde relacionado co de caixa, dorna embarcación. Tamén propón a idea de que estea relacionada cun oco de terreo que se enche de auga. Desde logo que a auga alí non escasea.
[[A Gandriña]] tería certa relación cun terreo inculto e pedregoso. O diminutivo -iña fai alusión a un pequeno tamaño. [[O Igrexario]] alude aos predios dependentes ou propiedade da Igrexa. [[O Pazo da Trabe]]: Pazo viría do termo latino palatius, relacionado con casas ou mansións señoriais; o segundo termo, na actualidade, ten o significado de elemento sustentador da teitume dunha casa. [[O Pazo Vello]]: a explicación iría no senso do topónimo anterior e faría alusión a un pazo máis antigo. [[Rial]]: o máis probable é que proceda da voz regale, derivada de rego, e faría referencia a pequenas correntes de auga. [[O Rueiro]] podería estar relacionado cunha rúa estreita e de pouca importancia. <ref name="Coristanco. As súas parroquias">{{cita libro|apelidos=Domínguez Rial|nome=Evaristo|título=Coristanco.As súas parroquias|editorial=Embora edicións|data=2015|isbn=978-84-16456-10-9}}</ref>
 
==Lugares e parroquias==