Afonso de Lanzós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anox (conversa | contribucións)
Cambiei Alonso por Afonso, o nome real, tal e como corresponde á época; tamén fixen cambios menores na puntuación
Anox (conversa | contribucións)
Nome: no TMILGa aparece Afonso de Lançoos a mediados do séc. XV
Liña 44:
* Afonso de Lanzós asumiu o mando das milicias populares, en Betanzos e Mondoñedo.
 
Nos inicios a revolta fíxose co territorio destruíndo máis de cen castelos e os nobres fuxiron a Portugal, Asturias e Castela. En 1468, Lanzós derrotou aos baróns feudais. En 1469 [[Pedro Madruga]], fuxido nos inicios da revolta, iniciou a ofensiva dende Portugal coa axuda de parentes e amigos da cabalería portuguesa ao mando dun exército armado con [[Arcabuz|arcabuces]], e percorreu o traxecto Tui-Pontevedra-Padrón-Santiago, encontrándose con Fonseca e Pimentel cerca de Santiago de Compostela. Un segundo exército dirixido polo arcebispo Fonseca venveu dende [[Salamanca]], acompañado de Juan Pimentel, irmán do Conde de Benavente, así como de Pedro Vega e outros cabaleiros. Xuntándose Pedro AlvarezÁlvarez xuntouse con eles en Balmalige preto de Santiago. O terceiro exército chega dende Castela, co Conde de Lemos, que avanza dende Ponferrada ata Monforte con [[Pedro Pardo de Cela]]. O exército irmandiño descoñecía as armas de fogo. Empregaban só bestas, ondas e catapultas. Pedro Madruga gaña batalla tras batalla e Afonso de Lanzós tense que retirar cos seus homes ao castelo dos Andrade en Pontedeume. Por entón Pedro Osorio e Diego de Lemos réndense, deixan a revolta e pásanse ao inimigo. Sabedor da crueldade do señor dos Andrade e da imposibilidade de continuar a loita, decide renderse ao bispo de Santiago, Alonso de Fonseca II e entrega Pontedeume. Cando se retiraba foi feito preso e entregado a Fernán Pérez de Andrade en 1470.
 
== Últimos anos ==