Lois Tobío Fernández: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 45:
En Montevideo Tobío comezou a traballar como xornalista no xornal ''[[El Día (Uruguai)|El Día]]'' e Radio Ariel o voceiro do [[José Batlle y Ordóñez|batllismo]], unha das correntes do [[Partido Colorado (Uruguai)|Partido Colorado]]. Nel facía análise e información de ámbito internacional, tamén colabora na emisión semanal, en galego de "Sempre en Galiza", ata que en [[1947]], xa asumido que a fin da [[Segunda Guerra Mundial]] non ía supor a fin do [[franquismo]], comezou a traballar no departamento de comunicación da farmacéutica [[suíza]] [[Rocher]]. En [[1945]] tiveron o seu primeiro fillo, Miguel, e en [[1954]] a filla, Constanza.
 
Tobío axiña contactou cos medios intelectuais da capital uruguaia, e tamén co exilio republicano e o [[exilio galego de 1936|exilio galeguista]]. Socio da [[Casa de Galicia de Montevideo|Casa de Galicia]], o centro máis importante de galegos do país, participou en numerosos actos, entre as que se contaron as visitas de Castelao en 1940, [[1944]] e 1945. Coa axuda de Tobío, presentouse o [[Consello de Galiza]] precisamente en [[Montevideo]], o [[30 de xuño]] de [[1945]], baixo a presidencia de Castelao. Tamén participou, en setembro de [[1950]] na primeira emisión radiofónica en galego, ''[[Sempre en Galicia]]'', que se emitía en [[Radio Carve]], unha das emisoras máis importantes de Montevideo; e máis tarde estivo na creación do [[Banco de Galicia]] dedo Uruguai.
 
O exilio de Montevideo mantíñase en contacto cos centros galegos de [[Buenos Aires]], e Tobío mantivo unha intensa relación cos exiliados na Arxentina e cos intelectuais galegos que facían viaxes pola emigración. Así, Tobío formou parte da comisión organizadora do primeiro [[Congreso da Emigración]], celebrado na capital riopratense do [[21 de xullo|21]] ao [[31 de xullo]] de 1956, e foi tamén o encargado de xestionar a edición e impresión da ''[[Historia de Galiza (Otero Pedrayo)|Historia de Galiza]]'' de [[Ramón Otero Pedrayo]]. Paralelamente, proseguiu a súa integración na sociedade uruguaia, presidindo un club de [[equitación]] en Montevideo, e máis na súa empresa. Porén, dinámicas corporativas levaron a pechar a súa oficina e trasládano a España (primeiro a [[Barcelona]] en decembro de [[1962]] e logo a [[Madrid]] uns meses despois) encargado da tradución de documentación e publicidade da firma.