Lois Tobío Fernández: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 8:
|lugar_de_nacemento = [[Viveiro]], {{GAL}}
|data_de_falecemento = [[13 de marzo]] de [[2003]] (96 anos)
|lugar_de_falecemento= [[Madrid]], {{CMA}}
|lingua da escrita = [[Lingua galega|Galego]]
|xéneros =
Liña 21:
Por parte materna procedía dunha familia numerosa de clase alta de Viveiro, os Pardo Vaamonde, e por parte paterna dunha familia de clase alta de [[Pedrouzos, Brión, Brión|Pedrouzos]] ([[Brión]]). Era fillo de [[Lois Tobío Campos]] e bisneto de María Xosefa Martínez Viojo, tía paterna de [[Rosalía de Castro]]<ref>Tobío, Lois: ''As décadas de TL'', Ediciós do Castro, 1994, páxina 88</ref>, o que fixo que as dúas familias mantivesen unha certa relación. Logo de pasar a infancia en Viveiro, marchou a [[Santiago de Compostela]] coa súa familia para cursar o bacharelato, e posteriormente ingresou na [[Universidade de Santiago de Compostela|universidade]] para estudar Dereito.
 
En [[1922]], facendo o curso preparatorio de Dereito, fixo amizade con figuras chave na creación do [[Seminario de Estudos Galegos]]. Recibía clases de lingua e literatura española de man de [[Armando Cotarelo Valledor]], e entre os seus compañeiros de promoción estaban [[Fermín Bouza Brey]], [[Xosé Filgueira Valverde]], [[Ramón Martínez López]] e [[Manuel Magariños (xornalista)|Manuel Magariños]] entre outros. Iniciouse no labor cultural coa publicación dun [[fanzine]] de estudantes chamado ''Adral''.
 
En [[1923]] [[Wenceslao Requejo Buet]] propúxolle formar un grupo "cos que se interesasen por problemas de cultura, arte, literatura e historia principalmente, algo así como unha tertulia ou ateneo"<ref>Tobío, Lois: ''As décadas de TL'', Ediciós do Castro, 1994, páxinas 123-126</ref>. Nese grupo, que primeiro collería os estudantes da súa promoción (Filgueira, Martínez López, Magariños...), despois estenderíase aos maiores (Bouza, [[Ánxel Romero Cerdeiriña|Romero Cerdeiriña]]...) e aos profesores, como Cotarelo. De feito, foi Cotarelo quen lle deu o nome de Seminario de Estudos Galegos, que foi como pasou á historia. Tobío desempeñou no Seminario os postos de secretario e máis de coordinador da sección de Ciencias Sociais, Xurídicas e Económicas. Dentro del comezou a facer e publicar os seus primeiros estudos culturais.