Antonio Fernández Pérez: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
m corrixo
Xas (conversa | contribucións)
m completo info
Liña 4:
Aos cinco meses de idade trasladouse coa familia a [[Rabal, Oímbra|Rabal]] ([[Oímbra]]), onde pasou a súa nenez e adolescencia. Estudou o bacharelato nas academias Vidal-Bustamante e Taboada Chivite de [[Verín]] e despois fixo Maxisterio en [[Ourense]] e [[Santiago de Compostela]]. Exerceu como mestre na parroquia de [[Tamaguelos, Verín|Tamaguelos]] ([[Verín]]) e na Academia Martín Mouriño de Ourense.
 
Foi militante do [[Partido Galeguista (histórico)|Partido Galeguista]] e mantivo fortes lazos de amizade con algunhas das súas principais figuras, como [[Otero Pedrayo]] e [[Vicente Risco]]. Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] viuse obrigado a fuxir a [[Portugal]] e de alí marchou á [[Arxentina]] para evitar a represión do novo réxime. Estableceuse na [[provincia de Mendoza]] onde se dedicou á actividade comercial e literaria.
 
Colaborou na prensa de emigración, ás veces cos pseudónimos '''Fernamper''' ou '''F. de Rabal'''. Gran parte da súa carreira literaria, coa que gañou numerosos premios naquel país, está en castelán. En 1946 foi premiada a súa obra ''Hojas al viento'' no concurso convocado pola Municipalidad de [[Mendoza, Arxentina|Mendoza]]. En 1947 obtivo o premio do Ateneo de Mendoza por ''Hojas líricas'' e o premio da Asociación Interamericana de escritores pola novela ''Don Rosendo de Amarán''. Con todo, non deixou de escribir en galego, e foi unha obra nesta lingua, ''[[Terra coutada]]'', a que maior prestixio lle concedeu.
 
== Obras ==
Liña 35:
 
{{ORDENAR:Fernandez Perez, Antonio}}
[[Categoría:Mestres]]
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega]]
[[Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá]]