José Echegaray: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Petillés (conversa | contribucións)
m →‎Política: engado ligazóns
Liña 16:
'''José Echegaray Eizaguirre''', nado en [[Madrid]] o [[19 de abril]] de [[1832]] e finado na mesma vila o [[14 de setembro]] de [[1916]], foi un enxeñeiro, matemático, dramaturgo e político [[España|español]].
 
En [[1904]] foille concedido o [[premio Nobel de literatura]], e introduciu en España a [[xeometría]] de [[Michel Chasles|Chasles]], a [[teoría de Galois]] e as [[Función elíptica|funcións elípticas]]. Era irmán do comediógrafo [[Miguel Echegaray]].
 
== Traxectoria ==
Liña 23:
En [[1854]] volveu a Madrid como profesor na escola de enxeñeiros, sendo amais o secretario do centro. Até 1868, deu clase de matemáticas, [[estereotomía]], [[hidráulica]], [[xeometría descritiva]], [[cálculo diferencial]] e [[física]]. Amais, entre 1858 a 1860 foi profesor da escola de axudantes de obras públicas.
 
En [[1864]] foi nomeado membro da [[Real Academia Española de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais|Real Academia das Ciencias Exactas]]. No seu discurso de ingreso, ''Historia de las matemáticas puras en nuestra España'', facía o balance da matemática española a través da historia, defendendo a ciencia básica fronte á ciencia práctica. O discurso foi fonte de polémica por ser esaxeradamente negativo e con determinadas lagoas.
 
== Política ==
De ideoloxía [[liberalismo|liberal]], participou na [[Sociedad Libre de Economía Política]]. Trala [[revolución de 1868]] e a entrada de [[Joan Prim i Prats]] en Madrid, [[Manuel Ruiz Zorrilla]], co que participara activamente na fundación do [[Partido Republicano Radical|Partido Radical]], nomeou a Echegaray director xeral de obras públicas. Entrou no goberno en [[1869]] como ministro de fomento (1869–1870 e 1872), desenvolvendo a Lei de bases de ferrocarrís. En [[1870]] formou parte da comisión que recibiu o rei [[Amadeo I de España|Amadeo de Savoia]] en [[Cartaxena]]. Entre 1872 e 1873 foi ministro de facenda, regresando ao cargo en 1874 durante a [[Primeira República Española]], época en que se deu ao [[Banco de España]] o carácter de banco estatal co monopolio da emisión de billetes.
 
Trala [[Restauración borbónica en España|restauración monárquica]] mantivo os seus ideais republicanos, pero foi elixido deputado en [[1876]], defendendo no [[Congreso dos Deputados de España|Congreso]] a súa xestión das críticas do bando conservador. En [[1880]] participou xunto con [[Nicolás Salmerón]] e [[Cristino Martos]] na fundación do [[Partido Republicano Progresista (1880)|Partido RebublicanoRepublicano Progresista]]. Posteriormente, participou no réxime da [[Restauración borbónica en España|Restauración]], formando parte do bando máis esquerdista do [[Partido Liberal Fusionista|Partido Liberal]] de [[Práxedes Mateo Sagasta|Sagasta]]. En [[1905]], reinando [[Afonso XIII]], regresou ao ministerio de facenda. Foi tamén senador vitalicio e presidente do consello de instrución pública.
 
== Obra ==
Comezou a súa actividade literaria en [[1865]] coa obra dramática ''La hija natural'' se ben non foi estreada até tempo despois. En [[1874]] escribiu ''El libro talonario''. Estreou 67 obras de teatro, 34 delas en verso, con grande éxito entre o público na época pero sen valor literario para a crítica posterior. Na súa primeira época estaba influenciado pola melancolía do [[romanticismo]] propio da época, pero máis adiante adoptou un ton social, marcado polo [[Noruega|noruegués]] [[Henrik Ibsen]].
 
En [[1888]] foi elixido presidente do [[Ateneo de Madrid]]. En [[1896]] foi elixido membro da [[Real Academia Española|RAE]] (sillón [[e]] minúsculo). En 1904 foille concedido o [[premio Nobel de literatura]], xunto ao poeta [[provenza]]l [[Frédéric Mistral]]. A concesión deste premio ao autor español escandalizou ás vangardas literarias españolas, especialmente aos membros da [[xeración do 98]]. Nese momento non estaba considerado un dramaturgo excepcional, e a súa obra era criticada por personalidades como [[Leopoldo Alas|Clarín]] ou [[Pardo Bazán]]. Se ben contaba coa admiración de autores como [[Bernard Shaw]] ou [[Luigi Pirandello]], o propio autor mantivo sempre unha actitude distante coa súa obra.
 
=== Obra literaria ===