Antepretérito: Diferenzas entre revisións

tempo verbal
Contido eliminado Contido engadido
Lmbuga (conversa | contribucións)
Nova páxina: {{TempoVerbal}} O '''antepretérito de indicativo''', tamén denominado ''pluscuamperfecto de indicativo'' é un dos tempos verbais. Caracterízase por posuír [[vogal temát...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 6 de agosto de 2007 ás 11:39

O antepretérito de indicativo, tamén denominado pluscuamperfecto de indicativo é un dos tempos verbais. Caracterízase por posuír vogal temática e un sufixo modo-temporal "ra".

O antepretérito de indicativo modalmente é real e indica un momento anterior a un referente anterior: Cando quixen xogar con ela, escordara o pulso.

Pode presentar tamén valores non reais referidos ó presente (Quixera falar con vostede), estar presente en oracións desiderativas (O demo o levara!) ou indicar unha acción que cumpría realizar no pasado: Se non xantaches, xantaras.