Revolución Americana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Lexington x Legington
m arranxiños de formato
Liña 1:
[[Ficheiro:Map of territorial growth 1775.jpg|miniatura|260 px|Antes da Revolución, coas 13 colonias en vermello, a área rosa foi reclamada por Gran Bretaña e a laranxa por España.]]
 
A '''Revolución Americana de 1776''' tivo as súas raíces na sinatura do [[Tratado de París (1763)|Tratado de París]] en [[1763]] tras finalizar a [[guerra dos Sete Anos]]. Ao final do conflito, o territorio do [[Canadá]] incorporouse á [[Inglaterra|coroa británica]]. Por este motivo, as trece colonias do sur: [[Massachusetts]], [[Rhode Island]], [[Connecticut]], [[Nova Hampshire]], [[Nova Jersey]], [[Nova York]], [[Pensilvania]], [[Delaware]], [[Virxinia]], [[Maryland]], [[Carolina do Norte]], [[Carolina do Sur]] e [[Xeorxia, Estados Unidos de América|Xeorxia]] comezaron a ter seguidos e crecentes conflitos coa metrópole, ademais estas colonias alcazaran desde comezos do [[século XVIII]] unha gran prosperidade económica que contribuíu a crear entre os colonos un sentimento de unidade e que unhase comezase a ver á metrópole como explotadora ao ver que o goberno inglés non llelles proporcionaba ningún beneficio tanxible.
 
== Conflitos ==
A [[guerra dos Sete Anos]], terminada coa vitoria dade Inglaterra sobre a [[Francia]] ([[Tratado de París (1763)|Tratado de París]], [[1763]]), deixou a nación vencedora na posesión de ricos territorios no [[América|continente americano]], xa colonizados, sendo recoñecido o seu dereito de expandir o seu dominio en dirección ao interior do continente. Esta posibilidade agradou aos colonos, que rapidamente se prepararon para explorar e aproveitar novas terras, mais, para a súa sorpresa, o goberno de [[Londres]], por recear desencadear guerras coas nacións [[Nativos americanos nos Estados Unidos|indias]], determinou que ningunha nova exploración ou colonización de territorios podería facerse sen a sinatura de tratados cos indios. Foi esta a primeira fonte de conflito entre os colonos e a Coroa inglesa.
 
Mais, pouco despois, xurdiron novos conflitos. A Guerra dos Sete Anos, a pesar de vencer Inglaterra, obrigou a Coroa a impor medidas restritivas ás Trece Colonias. Procurando restaurar o equilibrio financeiro, a [[metrópole]] apertaba as mallas do [[pacto colonial]] con varios actos. En [[1750]] prohibiuse a fundición de [[ferro]] nas colonias. En 1754 prohibíronse a fabricación de [[tea|tecido]] e o [[contrabando]]. En 1765 aprobouse un decreto regulamentando a obrigación de abrigar e sustentar tropas inglesas en solo americano (práctica que pesaba moito sobre as finanzas coloniais). Foron aínda criadas a Lei do Selo que acrecentou un [[imposto]] de [[selo]] sobre [[xornal|xornais]], documentos legais e oficiais etc., e os [[Actos de Townshend]], que procuraban limitar e mesmo impedir que os americanos continuasen as súas relacións comerciais con outras rexións que non fosen Inglaterra. Pero os colonos se negaron a pagar os impostos alegando que carecían de representantes no Parlamento inglés, e durante anos houbo un conflito permanente entre os colonos e as autoridade inglesas, a campaña de protesta americana foi dirixida por un grupo de escritores e intelectuais discípulos dos filósofos [[Ilustración|ilustrados]] franceses.
Liña 29:
O [[4 de xullo]] de [[1776]], o [[Congreso Continental|Segundo Congreso Continental]] refrendeou a [[Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América|Declaración de Independencia]] que proclamaba a independencia das 13 colonias, ademais recollía os principios fundamentais da filosofía ilustrada fundando un Estado rexido pola razón e a liberdade. O día [[17 de outubro]] de [[1777]], os norteamericanos venceron na [[batalla de Saratoga]]. Os [[Francia|franceses]], [[Polonia|polacos]], [[España|españois]] e [[prusia]]nos, países antagonistas da [[Gran Bretaña]], viñeron en auxilio aos rebeldes enviando soldados para axudar na guerra da independencia.
 
En [[1780]], os ingleses derrotáronseforon derrotados na batalla naval de [[Batalla de Chesapeake|Chesapeake]]; e o 19 de outubro de [[1781]], o exército británico, baixo o comando de [[Lord Cornwallis]], rendeuse en [[Batalla de Yorktown|Yorktown]].
 
Finalmente en [[1783]], en [[París]], asinouse o tratado en que os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] representados por [[Benjamin Franklin]], [[John Adams]] e [[John Jay]] viron a súa independencia recoñecida pola Gran Bretaña, era o triunfo da ideoloxía revolucionaria que se plasmou nunha [[Constitución dos Estados Unidos de América|Constitución]] (1787) que tiña como alicerces a [[soberanía nacional]] e o sufraxio de todos os cidadáns, que tivo un enorme impacto nos filósofos ilustrados franceses.