Wikipedia:Traducir: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
Algunhas consideracións iniciais, a páxina incluirá máis contido nun futuro próximo.
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 9 de decembro de 2004 ás 15:48

A Wikipedia é un proxecto feito en moitas linguas diferentes, habitualmente sobre un determinado tema hai artigos dispoñibles en varias desas linguas. Por ese motivo, en ocasións, cando se necesita un artigo con urxencia impórtase dunha Wikipedia a outra.

Cando iso se faga nesta Galipedia, pódese engadir un modelo de mensaxe que indica se se necesita ou non, colaboración doutros usuarios para realizar a tradución. Os modelos de mensaxes son:

  • Solicitude de axuda, introdúcese escribindo o marcador {{Nongalego}} na páxina:


Este artigo necesita tradución, a súa axuda é benvida. Se o artigo non se traduce ao Galego no prazo de trinta días, pasará á lista de páxinas para borrar.


  • Artigo en proceso de tradución polo usuario que o publicou, introdúcese escribindo o marcador {{Entradución}} na páxina:


Este artigo está sendo traducido ao Galego por un usuario desta Wikipedia, por favor non o edite. Se o usuario non publica a tradución no prazo de trinta días, pasará á lista de páxinas para borrar.


As páxinas que conteñan esas mensaxes aparecerán listadas na Categoría:Traducir. (Nota: Lembre que a mensaxe se introduce co marcador escrito entre corchetes e non copiando e pegando o texto de arriba.)