Revolución Americana: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoacas (conversa | contribucións)
m engado a Categoría:1776 mediante HotCat
m Arranxiños​
Liña 1:
[[Ficheiro:Map of territorial growth 1775.jpg|miniatura|260 px|Antes da Revolución, coas 13 colonias en vermello, a área rosa foi reclamada por Gran Bretaña e a laranxa por España.]]
 
A '''Revolución Americana de 1776''' tivo as súas raíces na sinatura do [[Tratado de París (1763)|Tratado de París]] en [[1763]] tras finalizar a [[Guerraguerra dos Sete Anos]]. Ao final do conflito, o territorio do [[Canadá]] incorporouse á [[Inglaterra|coroa británica]]. Por este motivo, as trece colonias do sur: [[Massachusetts]], [[Rhode Island]], [[Connecticut]], [[NewNova Hampshire]], [[Nova Jersey]], [[Nova York]], [[Pensilvania]], [[Delaware]], [[Virxinia]], [[Maryland]], [[Carolina do Norte]], [[Carolina do Sur]] e [[Xeorxia, Estados Unidos de América|Xeorxia]] comezaron a ter seguidos e crecentes conflitos coa metrópole, ademais estas colonias alcazaran desde comezos do [[século XVIII]] unha gran prosperidade económica que contribuíu a crear entre os colonos un sentimento de unidade e que unha comezase a ver á metrópole como explotadora ao ver que o goberno inglés non lle proporcionaba ningún beneficio tanxible.
 
== Conflitos ==
A [[Guerraguerra dos Sete Anos]], terminada coa vitoria da Inglaterra sobre a [[Francia]] ([[Tratado de París (1763)|Tratado de París]], [[1763]]), deixou a nación vencedora na posesión de ricos territorios no [[América|continente americano]], xa colonizados, sendo recoñecido o seu dereito de expandir o seu dominio en dirección ao interior do continente. Esta posibilidade agradou aos colonos, que rapidamente se prepararon para explorar e aproveitar novas terras, mais, para a súa sorpresa, o goberno de [[Londres]], por recear desencadear guerras coas nacións [[Nativos americanos nos Estados Unidos|indias]], determinou que ningunha nova exploración ou colonización de territorios podería facerse sen a sinatura de tratados cos indios. Foi esta a primeira fonte de conflito entre os colonos e a Coroa inglesa.
 
Mais, pouco despois, xurdiron novos conflitos. A Guerra dos Sete Anos, a pesar de vencer Inglaterra, obrigou a Coroa a impor medidas restritivas ás Trece Colonias. Procurando restaurar o equilibrio financeiro, a [[metrópole]] apertaba as mallas do [[pacto colonial]] con varios actos. En [[1750]] prohibiuse a fundición de [[ferro]] nas colonias. En 1754 prohibíronse a fabricación de [[tea|tecido]] e o [[contrabando]]. En 1765 aprobouse un decreto regulamentando a obrigación de abrigar e sustentar tropas inglesas en solo americano (práctica que pesaba moito sobre as finanzas coloniais). Foron aínda criadas a Lei do Selo que acrecentou un [[imposto]] de [[selo]] sobre [[xornal|xornais]], documentos legais e oficiais etc., e os [[Actos de Townshend]], que procuraban limitar e mesmo impedir que os americanos continuasen as súas relacións comerciais con outras rexións que non fosen Inglaterra. Pero os colonos se negaron a pagar os impostos alegando que carecían de representantes no Parlamento inglés, e durante anos houbo un conflito permanente entre os colonos e as autoridade inglesas, a campaña de protesta americana foi dirixida por un grupo de escritores e intelectuais discípulos dos filósofos [[Ilustración|ilustrados]] franceses.