Dereito de pernada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo lingua
m Arranxiño
Liña 1:
[[Ficheiro:Le droit du Seigneur by Vasiliy Polenov.jpg|miniatura|300px|«''Le droi du Seigneur''» (''O dereito do señor'' {{gl}}) por [[Vasily Polenov]], un [[Pintura de historia|cadro]] [[Historicismo|historicista]] no que se mostra, en ton melodramático, un pobre ancián entregando as súas fillas mozas ao ''despótico'' señor feudal.]]
O '''dereito de pernada''' (en [[latín vulgar]] medieval, ''Ius primae noctis'', «dereito da primeira noite»; en [[lingua inglesa|inglés]] úsase a expresión francesa [[w:en:Droit de seigneur|Droit de Seigneur]], aínda que en [[lingua francesa|francés]] é máis acertada a locución [[w:fr:Droit de cuissage|Droit de Cuissage]]) foi un dereito feudal que teoricamente establecía a potestade señorial de ter [[Relación sexual humana|relacións sexuais]] (e polo tanto a gozar da súa [[virxindade]]) con toda doncela, serva do seu [[feudo]], que fora casar cun dos seus servos. Este presunto dereito tivo vixencia durante a [[Idade Media]] da [[Europa occidental]] (aínda que hai paralelismos noutras partes do mundo) como compoñente do [[economía feudal|modo de produción feudal]]. O [[Dicionario da Real Academia Galega]] recolle a acepción estrita que acabamos de enunciar, pero tamén engade unha segunda acepción coloquial, máis ampla, referente ao abuso de autoridade.<ref>{{DRAG|dereito de pernada|||1914097}} na súa locución preposicional dentro de dereito</ref>
 
Dado que non apareceron documentos legais acerca deste presunto [[privilexio]] feudal, discutiuse moito sobre a súa natureza real. Basicamente hai quen acepta que se trata dun [[señorío|dereito señorial]] tal cal o define a [[historiografía]] tradicional, incluída a agresión sexual na noite de vodas; outros, en cambio, pensan que era un [[ritual|ritual simbólico]] de submisión que se saldaba co pagamento dunha taxa en especie ou metálico e unha [[cerimonia]]; hainos, por fin, que aceptan que o [[abuso sexual]] era un [[feito social]] (non referido ás [[voda]]s, aínda que si á servidume feudal), pero non un dereito: máis ben o reflexo da dominación dunha clase privilexiada e da baixa consideración que se tiña da [[muller]] na época.