Otón de Frisinga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 46:
== Traxectoria ==
Otón de Frisinga naceu arredor de 1112, foi o quinto fillo de [[Leopoldo III de Austria (Babenberg)|Leopoldo III]] (da casa de [[Casa de Babenberg|Babenberg]]), margrave de Austria, e da filla do emperador [[Henrique IV do Sacro Imperio Romano Xermánico|Henrique IV]], [[Inés de Alemaña|Inés de Waiblingen]]. Entre os seus irmáns estiveron Leopoldo IV, duque de Baviera, Henrique II, duque de Austria e Conrado II, arcebispo de Salzburgo. O seu medio irmán era o rei [[Conrado III]]. Otón tamén foi tío do emperador [[Federico I, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Federico Barbarroxa]].
 
Recibiu a súa primeira formación no mosteiro de Klosterneuburg, o cal fundara o seu pai en 1114. En 1126 foi nomeado preboste do mosteiro. Ese mesmo ano ou o seguinte Otón foi a estudar en Francia, principalmente en París, que se establecera como centro da entón recente escolástica (en lugar da habitual monástica). Otón pasou seis anos alí e oíu a [[Pierre Abélard|Pedro Abelardo]], [[Hugo de San Vítor]] e [[Xilberto Porretano]].
 
En 1132 xunto con quince compañeiros alemáns nobres uniuse á [[Orde do Císter]], e entrou como novizo no convento de Morimond en Champaña.
 
Seis anos despois, en 1138, sendo un monxe de 26 anos de idade, foi elixido abade. Pero ao día seguinte, recibiu do rei Conrado III o nomeamento como bispo de Frisinga e a partir de entón esforzouse para renovar a vida eclesial na súa diocese e os seus mosteiros, como o de Schäftlarn (premonstratense), Schlehdorf (augustino) e Innichen. Otón liberou da opresión secular da bailía a Catedral de Frisinga e fixo que a escola da catedral acadara unha considerable importancia. Tamén fundou en Frisinga os mosteiros de Schliersee (unha colexiata) e Neustift (premonstratense). Curiosamente, ningún deles cisterciense.
 
Durante a época da [[Querela das Investiduras]] case necesariamente debeu entrar en conflito coa familia [[Wittelsbach]], pero debido á súa relación imperial mediou con éxito nas disputas entre os [[Hohenstaufen]], os [[Babenberg]] e os [[Güelfos|Welfos]].
 
Otón acorreu á convocatoria de [[Bernardo de Claraval]] e foi á [[Segunda Cruzada]], de cuxo fracaso conseguiu escapar con dificultade cun pequeno grupo de seguidores leais.
Tamén cumpriu funcións diplomáticas para Conrado III. Realizou tres viaxes a Roma. Baixo o reinado do emperador Federico Barbarroxa estivo implicado na resolución do litixio co papa [[Hadrián IV, papa|Hadrián IV]].
Liña 69 ⟶ 74:
== Culto a Otón ==
Na [[Orde do Císter]] Otón foi reverenciado como un santo. Na Arquidiocese de Viena e na de [[Múnic]] e Frisinga, con permiso concedido por Roma desde 1973, celébrase a súa festividade o 7 de setembro.<ref>Erzdiözese Wien, Direktorium. Dispoñible en http://www.erzdioezese-wien.at/pages/inst/23426524.</ref>
 
Na catedral de Frisinga sitúase unha estatua do beato. Baixo o altar sacramental da igrexa da mosteiro cisterciense de Heiligenkreuz hai un relicario cos supostos restos de Otón.
 
Para a consagración do altar da catedral de San Cástulo en Moosburg, empregouse unha reliquia de Otón. En 1995 erixiuse nos terreos do antigo convento Morimond unha estela conmemorativa.<ref>Peter Pfister und Friedrich Wetter: ''Ihr Freunde Gottes allzugleich. Heilige und Selige im Erzbistum München und Freising'', Múnic 2003, pp. 122.</ref> No ponte Korbinian de Frisinga lámbrao unha estatua. A miúdo é representado en vidreiras, sobre todo como bispo escritor, é así na igrexa parroquial de Liesing na capela de Otón de Frisinga, en Gaaden.
 
Curiosamente o "santo" goza de maior reverencia entre os historiadores e xermanistas que no pobo católico da súa terra natal. Ten unha placa conmemorativa no Walhalla de [[Ratisbona]].