Otón de Frisinga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Cistercienses mediante HotCat
Liña 58:
== Obra ==
Na historia da filosofía Otón de Frisinga é un dos primeiros en reintroducir [[Aristóteles]] en Alemaña<ref>Martin Grabun, ''Die Geschichte der Scholastischen Methode'', vol. 11, Berlín, Akademie Vedag, 1957, pp. 70</ref>. Da súa obra literaria consérvanse só fragmentos. Os seus escritos filosóficos e a súa correspondencia perdéronse. Como cisterciense Otón estaba intimamente en sintonía cos ideais relixiosos e o mundo espiritual do seu tempo, como historiador, creou importantes obras historiográficas sobre os Hohenstaufen. Grazas á súa relación coa familia imperial tivo unha perspectiva sobre a historia e a política que tiveron poucos dos seus contemporáneos. Por iso Otón é considerado un dos máis grandes historiadores da Idade Media.
 
A súa primeira obra, a ''[[Chronica sive Historia de duabus civitatibus]]'', é dicir “A historia de dúas cidades” inspirouse na obra ''[[De Civitate Dei]]'' de [[Agostiño de Hipona|Santo Agostiño de Hipona]]<ref>''Ottonis episcopi Frisigensis Chronica sive Historia de duabus civitatibus'', ed. de iZ. Hofmeister,
A súa primeira obra, a ''[[Chronica sive Historia de duabus civitatibus]]'', é dicir “A historia de dúas cidades” inspirouse na obra ''[[De Civitate Dei]]'' de [[Agostiño de Hipona|Santo Agostiño de Hipona]]<ref>''Ottonis episcopi Frisigensis Chronica sive Historia de duabus civitatibus'', ed. de iZ. Hofmeister, Hannover-Leipzig, 1912. (Na Biblioteca de Scriptores rerum Germanicarum in usum scholarum).</ref>. É unha [[historia do mundo]] en 7 libros, o oitavo libro desenvolve a visión de Otón sobre o [[Xuízo Final]]. Otón escribiu esta obra entre 1132 e 1146 e revisouna en 1157. A obra foi o punto culminante da [[historiografía]] medieval: versa sobre a transformación das ideas augustinianas ou [[Platonismo|platónicas]], especialmente a teoría de dous estados. Trata como os imperios mundiais migraron, como toda a cultura, de Oriente a Occidente<ref>Otón de Frisinga, ''Chronica''... p. 8.</ref>, ata atopar no [[Imperio Romano]] a súa forma final ata o fin do mundo. Segundo a obra, era crucial que a Igrexa de Cristo se conxugase co Imperio Romano, tal como en ''Civitas Dei'', nunha perfecta harmonía entre o poder espiritual e o secular. Esta combinación, ao contrario do acontecido na ''Civitas Dei'' de Santo Agostiño, débese realízar na terra. A importancia da obra, polo tanto, reside na súa dimensión histórico-teolóxica, que expande significativamente a doutrina augustiniana das dúas cidades.
 
Arredor de 1156 Otón comezou a súa ''Gesta Friderici Imperatoris'', unha obra sobre os actos do seu sobriño o emperador Federico Barbarroxa. Baixo o reinado do emperador escribiu os dous primeiros libros: o Libro 1 trata o período desde Henrique IV ata Conrado III. En contraste coa persepción do ''Chronicon'', interprétao como un tempo de preparación para a próxima plenitude do poder imperial baixo Federico Barbarroxa.
 
O Libro 2 describe a historia de Barbarroxa entre 1152 e 1158. Otón utilizou como fonte moitos documentos imperiais. Só acadou a rematar os dous primeiros volumes. Aínda que antes da súa morte (1158), encomendara ao seu alumno Rahewin completar a obra. Rahewin escribiu a terceira e cuarta parte. Outro continuador foi Otón de St. Blasien.
 
A Gesta está pensada desde unha perspectiva menos profunda no que respecta á filosofía da historia, pero recolle moitas características da historia da igrexa e de personalidades importantes, como [[Pierre Abélard|Abelardo]] e [[Arnaldo de Brescia]]. Respecto a Barbarroxa o texto non está libre de formulacións subxectivas. A visión dos Hohenstaufen ten un claro obxectivo que -en termos modernos- podería ser chamado de propaganda. Otón tratou de representar a casa Hohenstaufen baixo nunha luz que a amosase como predestinada para que nela se cumprise a vontade de Deus.
 
== Culto a Otón ==
Na [[Orde do Císter]] Otón foi reverenciado como un santo. Na Arquidiocese de Viena e na de [[Múnic]] e Frisinga, con permiso concedido por Roma desde 1973, celébrase a súa festividade o 7 de setembro.<ref>Erzdiözese Wien, Direktorium. Dispoñible en http://www.erzdioezese-wien.at/pages/inst/23426524.</ref>