Diferenzas entre revisións de «Paulo Orosio»

(*estudi- > estud-.)
A orixe da obra responde a unha petición expresa de Agostiño de Hipona, que lle pide unha obra como complemento á súa ''[[De Civita Dei]]'', onde se trace a historia facendo fincapé nos pobos pagáns<ref>ALONSO NÚÑEZ, José Miguel, 'La metodología histórica de Paulo Orosio', in ''Helmántica'', 136-138:1994, p. 375.</ref>. Orosio recolleu a petición de Agostiño e trazou a obra co obxectivo de expor que a decadencia de [[Roma]] (en 410 producírase o [[saqueo de Roma]] por [[Alarico I]]) non tiña que ver en absoluto co [[cristianismo]]<ref>GARCÍA FERNÁNDEZ, Francisco José. 'La imagen de Hispania y los hispanos a finales de la Antigüedad. Las Historiae Adversum Paganos de Paulo Orosio'. In ''Conimbriga, 44:2005, p. 297</ref>.
 
Na súa concepción da historia, Orosio seguiu a filosofía agostiña. Redactou unha crónica das calamidades, pretendendo probar que as desgrazas que ocorrían no seu tempo non se debían ao [[cristianismo]], como afirmaba [[Simaco]], senón que antes del houbera catástrofes peores, e foi a primeira tentativa de escribir unha [[historia do mundo]] guiada por [[Deus]]. O libro converteuse nun manual de historia durante a [[Idade Media]], con máis de 240 manuscritos coñecidos e traducións ao [[lingua saxoa|saxón]] e ao [[Lingua árabe|árabe]]. En relación aos [[suevos]] a postura de Orosio foi ben diferente da de [[Hidacio]], xa que para Orosio a chegada dos suevos á [[Gallaecia]] fora a época de máis felicidade desde a creación do mundo.
 
== Interpretación ==
176.737

edicións