Maine, Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxiños​
Liña 36:
}}
 
'''Maine''' é un dos 50 [[Estados dos Estados Unidos da América|estados]] dos [[Estados Unidos de América]]. Está localizado no extremo nordeste do país, na rexión de [[Nova Inglaterra]]. [[West Coddy Head]], o punto máis [[leste|oriental]] de Maine, está considerado o punto máis oriental dos Estados Unidos, aínda que algúns consideren [[Alasca]] o máis oriental do país, pois dúas das illas do [[Illas Aleutas|Arquipélagoarquipélago dosdas Aleutas]] están localizadas no [[Hemisferiohemisferio Orientaloriental]]. Maine tamén é o Estado máis [[norte|setentrional]] do Estados Unidos continental.
 
Os bosques cobren aproximadamente o 90 % de Maine, que se coñece como ''The Pine Tree State'' polas súas forestas que conteñen grandes cantidades de [[piñeiro]]s. Así, é o líder nacional da industria madeireira e o segundo maior produtor de madeira en xeral do país, só despois de [[Estado de Washington|Washington]]. A [[pesca]] e mais o [[turismo]] son outras fontes importantes de renda.
Liña 58:
As guerras entre os británicos e os franceses endebedaron pesadamente ao goberno británico, que creou unha serie de [[imposto]]s e prohibiu o comercio entre as 13 colonias con países distintos do propio Reino Unido, co conseguinte descontento nas colonias. En [[1774]], un grupo de patriotas de Maine queimaron un depósito de té en [[York, Maine|York]] e un ano despois, en [[1775]], comezou a [[Revolución Americana de 1776]] . A primeira batalla naval da guerra ocorreu no litoral de Maine, en [[xuño]] de [[1775]]. No mesmo ano, os británicos queimaron [[Portland, Maine|Portland]].
 
Despois da guerra, a poboación comezou axiña a medrar. Porén, moitos dos habitantes cuestionaban o control da rexión por parte de Massachusetts. Desde que, en [[1680]], Nova Hampshire se convertese nunha colonia (e logo un estado), Maine estaba completamente separada de Massachusetts, polo que moitos habitantes de Maine comezaron a esixir o fin inmediato do control de Massachusetts na rexión e a formación dun novo Estado. Porén, ata o comezo da [[Guerraguerra de 1812]], a maioría da poboación quería que Maine continuase a formar parte de Massachusetts. O movemento a favor da creación do Estado de Maine aumentou despois da guerra e o [[15 de marzo]] de [[1820]], Maine pasou a ser o vixésimo terceiro estado americano. Entón, a capital era Portland e mudou a [[Augusta, Maine|Augusta]] en [[1832]].
 
=== Desde [[1820]] ===