Inglaterra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
→‎Etimoloxía: minúscula e quito texto dubidoso sen referencias
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 54:
O [[país]] chamado Inglaterra,, por contraponto cos estados e provincias que ocuparon o mesmo territorio en épocas anteriores formouse pola aglutinación gradual dos reinos [[anglos]], [[saxón]]s e [[xuto]]s durante os séculos [[século VII|VII]], [[século VIII|VIII]] e [[século IX|IX]]. [[Ecgberht de Wessex|Ecgberht]], rei de [[Wessex]] (m. [[839]]) é en xeral considerado o primeiro [[rei]] de toda Inglaterra, se ben que o seu título oficial fose ''[[Bretwalda]]'' (literalmente "Sobreseñor da Bretaña"), e fose tecnicamente un "primeiro entre iguais" cos outros líderes ingleses. O título de "Rei de Inglaterra" xurdiu dúas xeracións máis tarde con [[Alfredo o Grande]] (gobernou entre [[871]] e [[899]]).
 
Algunhas historias de Inglaterra escolares inícianse coa subida ao trono de [[Guillerme I de Inglaterra|Guillerme, o Conquistador]] en [[1066]]. Isto pode deberse ao orgullo que os [[pobo inglés|ingleses]] teñen da súa longa historia de [[independencia]], e gústalles, polo tanto, iniciar a contar só ''despois'' da última invasión con éxito. A verdade é que, aínda que Guillerme teña reorganizado (e, en gran parte, substituído) a [[aristocracia]] inglesa, non se pode dicir con verdade que el teña "fundado" ou "unificado" o país. Con efecto, moita da infraestrutura [[anglosaxóns|anglosaxoa]] que existía sobreviviu á conquista de Guillerme e persiste aínda hoxe.
 
Nas escolas inglesas, a historia do país tende a comezar coa área xeográfica que viría un día a transformarse na Inglaterra, e por iso refírese inicialmente a [[Xulio César]] e a expedicións [[Imperio Romano|romanas]] posteriores. Estes estudos da historia do lugar propiamente dito, antes de ter adquirido o nome ''Inglaterra'', axúdannos a comprender o desenvolvemento posterior da Inglaterra en canto nación.