Constantin Brâncoveanu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Constantin Brancoveanu statuie.jpg|miniatura|150px|Estatua de Constantin Brâncoveanu en Bucarest.]]
 
'''Constantin Brâncoveanu''', nado en [[Brâncoveni]] en [[1654]] e finado en [[EstambulIstambul]] o [[15 de agosto]] de [[1714]], foi príncipe de [[Valaquia]] entre [[1688]] e [[1714]].
 
== Biografía ==
Liña 9:
O príncipe empezou a negociar alianzas anti-otomás, nun principio coa [[Habsburgo|Casa de Habsburgo]], e despois coa [[Rusia]] de [[Pedro I de Rusia|Pedro I]]. Trala intervención en [[1710]] dos rusos en [[Moldavia]], o príncipe contactou co [[tsar]] e aceptou os seus regalos, mentres a súa rivalidade co príncipe moldavo [[Dimitrie Cantemir]] (o principal aliado rexional dos rusos) evitou unha medida política máis drástica. En lugar diso, Brâncoveanu agrupou tropas valacas en [[Urlaţi]], preto da fronteira moldava, esperando que tropas rusas entrasen no seu país para ofrecer os seus servizos ao tsar, e tamén preparándose para a contra-ofensiva otomá en caso dun cambio de fortunas. Cando varios dos seus boiardos fuxiron cara ao campamento ruso, o príncipe viuse obrigado a elixir en favor dos otománs ou arriscar ser inimigo do Imperio Otomán, así que devolveu axiña os regalos que recibira dos rusos.
 
Accións como estas foron denunciadas ao sultán. Brâncoveanu foi deposto do seu trono polo sultán [[Ahmed III]], e traído en arresto até [[EstambulIstambul]], sendo encarcerado en [[1714]] na fortaleza de Yedikule. Foi torturado polos otománs, que agardaban descubrir o paradoiro da súa suposta fortuna. El e os seus catro fillos foron decapitados en agosto xunto co leal tesoureiro, Enache Văcărescu.
 
As súas cabezas foron levadas sobre paus polas rúas de EstambulIstambul, o que provocou inquedanza na cidade. Temendo unha rebelión, mesmo por parte dos [[Islam|musulmáns]] indignados da inxustiza cometida contra o príncipe e os seus achegados, ordenouse botar os corpos no [[Bósforo]]. Pescadores [[Cristianismo|cristiáns]] recolleron os corpos e os enterraron no Mosteiro Halchi, preto de EstambulIstambul.
 
== Empresas culturais ==