Ciutadella de Menorca: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia: arranxiño
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 33:
Ao longo dos séculos, os diferentes poboadores déronlle diversos nomes: ''Jamma'', ''Nura'', ''Minerva'', ''Iamo'', ''Iamona'', ''Medina Minurka''. Pero foi a partir do [[1287]], a raíz da incorporación de Menorca á cultura [[Cristianismo|cristiá]] coa conquista de [[Afonso III de Aragón|Afonso III]], cando se impuxo o nome actual, topónimo que, etimoloxicamente, provén do latín ''civitatella'', diminutivo de ''civitas'' (cidade). A pesar diso, este nome xa prevalecía entre a poboación romanizada e os mozárabes menorquinos anteriores á colonización realizada pola [[Coroa de Aragón]]. Actualmente denomínase ''Ciutadella de Menorca'' de xeito oficial (facendo un paralelismo con [[Palma de Mallorca]]) para non a confundir con outros topónimos.
 
O [[9 de xullo]] de [[1558]] unha frota turca ao mando do almirante [[Pialí Bajá|Pialí]] atacou a cidade, rendéndose os defensores ante as forzas otomás. Parte da poboación foi deportada baixo rescate a [[EstambulIstambul]]. A partir dese ano iniciouse unha lenta reconstrución da cidade que tivo o seu contrapunto o 1646 coa chegada á illa da [[Peste negra|peste]]. A dominación británica durante gran parte do século XVIII ocasionou a decadencia e a languidez da cidade, que perdeu a capitalidade da illa en beneficio de [[Maó]].
 
Durante a [[guerra civil española]] Menorca permaneceu fiel ao Goberno do [[Fronte Popular (España)|Fronte Popular]]. En 1939 tivo lugar a [[Batalla de Menorca (1939)|batalla de Menorca]] onde un grupo do bando nacional tomou Ciutadella e se enfrontou ao Exército Republicano de Maó.