Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Logo da [[primeira Guerra Balcánica]] ([[1912]]-[[1913]]), Turquía traspasa o resto de Tracia Occidental e parte de Tracia Oriental a Bulgaria, incluíndo Adrianople (Edirne). Pero logo da [[segunda Guerra Balcánica]] (1913) Bulgaria deixou en mans turcas toda Tracia ao leste do [[río]] [[Hebro|Maritsa]].
 
Logo da [[Primeira Guerra Mundial]], e tras a Conferencia de Paz celebrada en [[París]], Grecia recibiu de Bulgaria a Tracia Occidental (''Tratado de Neuilly'', [[1919]]) e de Turquía (''Tratado de Sèvres'', [[1920]]) a Tracia Oriental e a maioría das [[illa]]s do [[mar]] Exeo, excepto a zona dos [[Estreito]]s ([[Bósforo]] e [[Dardanelos]]) e [[Constantinopla]] ([[EstambulIstambul]]). Máis os gregos tiveron que librar duras loitas contra a poboación e o exército turco para ocupar e dominar o lugar.
 
O Tratado de Sèvres foi substituído en [[1923]] polo ''[[Tratado de Lausana]]'', que repuxo a Turquía toda a zona de Tracia ao leste do río Maritsa.
194.523

edicións