Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Petillés (conversa | contribucións)
Petillés (conversa | contribucións)
Liña 590:
== Deportes ==
{{sen referencias|sección=si}}
 
[[Ficheiro:Multiusos Fontes do Sar (interior).JPG|miniatura|esquerda|[[Pavillón Multiusos Fontes do Sar]].]]
 
En Santiago de Compostela destacan os seus equipos profesionais de [[fútbol sala]] e [[baloncesto]], representados polo [[Santiago Futsal]] e o [[Obradoiro CAB]] respectivamente. Ámbolos dous equipos compiten nas máximas categorías das súas respectivas disciplinas ([[División de Honra (LNFS)|División de Honra]] e [[Liga ACB]] respectivamente). O equipo máis laureado da cidade é o Santiago Futsal (anteriormente coñecido como '''Autos Lobelle'''), que conta con varios títulos galegos (3 [[Copa Xunta de Galicia de Fútbol Sala|Copas Xunta de Galicia]]), españois (1 [[Copa de España de Fútbol Sala|Copa de España]] e 1 [[Supercopa de España de Fútbol Sala|Supercopa de España]]), amais dun título continental, a [[Recopa de Europa de Fútbol Sala|Recopa de Europa]], conquistada na tempada [[2006]]-[[2007|07]] ante o [[SL Benfica (futsal)|SL Benfica]] en Santiago de Compostela. Estes dous equipos xogan os seus partidos como locais no [[Pavillón Multiusos Fontes do Sar]], un recinto con capacidade para ata máis de 6.000 espectadores. En baloncesto tamén hai que salientar ao [[Club Baloncesto Rosalía de Castro]], que chegou a competir na liga [[LEB Ouro]] en dúas etapas: a primeira comezou na tempada [[1999]]-[[2000|00]] e que durou catro tempadas, e a segunda durante as tempadas [[2007]]-[[2008|08]] e [[2008]]-[[2009|09]], actualmente compite na [[Liga EBA]].