Christopher Reeve: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Nova Jersey
m →‎Traxectoria: Princeton, Nova Jersey
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Christopher Reeve era fillo do profesor e escritor [[Franklin Reeve]] e da xornalista Barbara Johnson. O matrimonio Reeve separouse cando Chistopher contaba con catro anos. Pasou entón a vivir coa súa nai e o seu irmán Benjamin en [[Princeton, Nova Jersey|Princeton]] ([[Nova Jersey]]). Uns anos despois, Barbara Johnson casou de novo. A pesar diso, ambos irmáns medraron tamén nos ambientes frecuentados polo seu pai. F. D. Reeve, como lle gustaba asinar os seus libros e poemas, era un refinado intelectual que ademais ensinaba literatura rusa na universidade. [[Robert Frost]], [[Robert Penn Warren]] e [[Daniel Patrick Moynihan]] eran algúns dos amigos do F. D. Reeve que estiveron presentes na infancia e na adolescencia de Christopher.
 
Christopher Reeve estudou na Universidade de Cornell onde se licenciou en arte. Asemade empezou a traballar como actor. Durante o último curso en Cornell, durante 1974, Reeve e máis Robin Williams (outro estudante de Cornell) foron escollidos para estudar na Juilliard School of Performing Arts, unha famosa e elitista escola de interpretación neoiorquina dirixida polo coñecido John Houseman. Foi a grande oportunidade da súa vida.