Estados Unidos de América: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Nebrasca
Liña 120:
Os Estados Unidos divídense en 50 estados e 1 distrito federal, o [[Distrito de Columbia]]. Cada estado, á súa vez, divídese en condados (con excepción da [[Luisiana]], na que as subdivisións chámanse "[[Luisiana#Subdivisións|parroquias]]", ''parishes'', en [[Lingua inglesa|inglés]]). Estados Unidos de América é unha [[República federal]], que dá aos estados federados moitos poderes que na maioría dos outros países do mundo son exclusivos do goberno nacional.
 
Son os gobernos estatais os que posúen a maior influencia sobre o día a día da poboación norteamericana. Cada estado ten a súa propia Constitución e mailo poder de aprobar as súas propias regras e leis, referentes a certos asuntos como propiedade, [[crime]], [[saúde]] e [[educación]]. O principal cargo dun estado é o Gobernador. Cada estado tamén posúe unha lexislatura bicameral. Os membros desta lexislatura son electos pola poboación do estado, excepto no estado de [[NebraskaNebrasca]], onde cada condado ten dereito a un certo número de membros na lexislatura. Destaca a lexislatura da [[Nova Hampshire]], que é o terceiro maior poder lexislativo no mundo [[Lingua inglesa|anglófono]], e posúe un representante por cada 3 000 habitantes. Cada estado posúe o seu propio [[Poder xudicial]].
 
A área, poboación e/ou [[produto interno bruto]] de varios dos estados dos Estados Unidos compáranse aos de varios países do mundo. A poboación de [[California]], por exemplo, é maior cá do [[Canadá]], e o seu produto interno bruto sería o oitavo maior do mundo, en caso de que o estado fose un país independente. A área de [[Alasca]] sería o décimo sétimo maior do mundo, en caso de que fose un país independente, cunha área comparábel á de [[Irán]].