Nine Inch Nails: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Year Zero: arranxiño
Liña 102:
Reznor é o único membro oficial de Nine Inch Nails. Porén, normalmente se rodea de un grupo de músicos para interpretar as cancións en directo. Esta banda, tamén coñecida como Nine Inch Nails, arranxa os temas de estudio do grupo para crear un son distinto ao dos discos de Reznor. Os membros do grupo ocasionalmente foron convidados a participar no proceso de gravación, pero o control creativo sempre o tivo Reznor.
 
O proxecto [[Tapeworm]] foi creado en [[1995]] como un proxecto paralelo de Nine Inch Nails entre Reznor e varios membros da banda ao vivo como un ambiente creativo máis "democrático". A banda inicialmente incluiuincluíu a [[Danny Lohner]] e a [[Charlie Clouser]], pero expandíuse para que ingresasen os colaboradores de Nine Inch Nails [[Josh Freese]], [[Atticus Ross]] e [[Alan Moulder]]. Porén, despois de 9 anos de sesións de estudio, ningún material foi oficialmente editado, e confirmouse que xa non estaba activo en [[2005]].
 
A formación da banda ao vivo tende a cambiar drasticamente entre as grandes xiras do grupo: ademais de Reznor encargándose das voces, teclados e guitarra, ningún membro permaneceu dende a súa orixe. Reznor citou o longo período de xestación entre os álbums de estudio como parte das razóns para eses frecuentes cambios de persoal, ademais do seu desexo de refrecar a interpretación da súa música. En [[2009]], a derradeira encarnación da banda ao vivo contou con Reznor, [[Robin Finck]] (á parte de Reznor, Finck tocou na meirande parte das xiras), [[Justin Meldal-Johnsen]] e [[Ilan Rubin]].