Christopher Reeve: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Filmografía selecta: Arranxos varios
m →‎Traxectoria: Nova Jersey
Liña 3:
 
== Traxectoria ==
Christopher Reeve era fillo do profesor e escritor [[Franklin Reeve]] e da xornalista Barbara Johnson. O matrimonio Reeve separouse cando Chistopher contaba con catro anos. Pasou entón a vivir coa súa nai e o seu irmán Benjamin en [[Princeton]] ([[NewNova Jersey]]). Uns anos despois, Barbara Johnson casou de novo. A pesar diso, ambos irmáns medraron tamén nos ambientes frecuentados polo seu pai. F. D. Reeve, como lle gustaba asinar os seus libros e poemas, era un refinado intelectual que ademais ensinaba literatura rusa na universidade. [[Robert Frost]], [[Robert Penn Warren]] e [[Daniel Patrick Moynihan]] eran algúns dos amigos do F. D. Reeve que estiveron presentes na infancia e na adolescencia de Christopher.
 
Christopher Reeve estudou na Universidade de Cornell onde se licenciou en arte. Asemade empezou a traballar como actor. Durante o último curso en Cornell, durante 1974, Reeve e máis Robin Williams (outro estudante de Cornell) foron escollidos para estudar na Juilliard School of Performing Arts, unha famosa e elitista escola de interpretación neoiorquina dirixida polo coñecido John Houseman. Foi a grande oportunidade da súa vida.
Liña 16:
 
[[Ficheiro:Christopher Reeve MIT.jpg|miniatura|250px|dereita|Christopher Reeve dando unha conferencia]]
A vida de Christopher Reeve torceuse o [[27 de maio]] de [[1995]]. Sufriu un golpe por mor dunha caída do seu cabalo Eastern Express durante unha carreira hípica en Culperer (Virxinia, [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]). Quedou paralítico, incapaz de moverse do pescozo para abaixo e xunguido a unha máquina que lle permitía respirar. Pero Reeve sobrepúxose a esta eiva e empeñouse nunha loita persoal contra as súas limitacións físicas. Mesmo fundou unha asociación para apoiar a investigación médica en col da curación das persoas paralíticas: o Chistopher e Dana Reeve Paralysis Resource Center (Dana é a súa esposa), situado en Short Hills (NewNova Jersey, Estados Unidos). Dende esta fundación, Reeve mostrouse coma un fervente defensor da investigación con [[células nai]] en contra da política do goberno estadounidense.
 
Grazas a varias operacións e os seus esforzos logrou recuperar parte da súa mobilidade. Pronto reapareceu no cine con papeis onde interpretaba a personaxes tolleitos en cadeira de rodas, destacando un correcto remake de ''A ventá indiscreta'' (Rear Window, [[Alfred Hitchcock]], 1959). Pero, sobre todo, as súas aparicións concentráronse nas TV-movies e nas series para TV. Ademais do remake de ''A ventá indiscreta'' que protagonizou en 1998, tamén figurou como episódico na serie ''[[Smallville]]'', sobre a adolescencia de Supermán na súa vila natal.