Suecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Historia recente: arranxiños
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 80:
{{VT|Viquingos|Unión de Kalmar}}
[[Ficheiro:Visby stadtmauer.jpg|miniatura|esquerda|Cidade medieval de Visby, en [[Gotland]], declarada [[Patrimonio da Humanidade]] en [[1995]].]]
A [[viquingos|época viquinga]] sueca abrangue os [[século VIII|séculos VIII]] e [[século XI|XI]]. Durante este período, crese que os suecos se expandiron cara ao leste de Suecia, mesturáronse cos [[gautas]] do sur.<ref>[http://www.bartleby.com/65/sw/Sweden.html Sweden, The Columbia Encyclopedia]</ref> Os viquingos suecos e os viquingos [[Gotland|guter]] viaxaban principalmente cara ao leste e cara ao sur, indo a [[Finlandia]], os [[países Bálticos]], [[Rusia]], o [[Mediterráneo]] e a cidades tan afastadas como [[Bagdad]]. As súas rutas atravesaban os ríos de Rusia até chegar á capital do [[Imperio Bizantino]], [[Constantinopla]] (actualmente [[EstambulIstambul]], [[Turquía]]), de onde partían por distintas direccións. O emperador bizantino [[Teófilo, emperador de Bizancio|Teófilo]] notou as súas destrezas para a guerra, e convidounos a servirlle como os seus gardacostas persoais, coñecidos como a [[Garda varega]]. Tamén se cre que os viquingos suecos, chamados "[[Pobo rus'|rus]]", son os pais fundadores de [[Rusia]]. As aventuras destes viquingos suecos son conmemoradas en moitas pedras rúnicas en Suecia, tales como as pedras rúnicas [[Grecia|gregas]] e [[varegos|varegas]]. Houbo tamén considerables participacións viquingas en expedicións ao oeste, que son conmemoradas nas pedras rúnicas inglesas. A última gran expedición viquinga foi a errada viaxe que dirixiu Ingvar o Viaxeiro, á rexión do sueste do [[Mar Caspio]]. Os seus expedicionarios son conmemorados nas pedras rúnicas de Ingvar, ningunha das cales menciona a algún sobrevivinte. O que lle sucedeu á expedición descoñécese, pero crese que foron vítimas dalgunha epidemia.
 
Non se sabe cando nin como se creou o reino de Suecia, pero a lista de monarcas suecos só nomea a aqueles que reinaron [[Svealand]] (Suecia) e [[Götaland]] (Gothia) ao mesmo tempo, sendo o primeiro [[Erik VI de Suecia|Erik o Vitorioso]]. Previamente, Suecia e Gothia permaneceran como nacións separadas. Con todo, non se sabe dende cando existían aqueles reinos, mais "[[Beowulf (poema)|Beowful]]" descríbeos nas semi-lendarias guerras entre suecos e [[gautas]] do [[século VI]].