Sínodo de Whitby: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m engado imaxe
Liña 5:
== Antecedentes ==
Durante a segunda metade do [[século VI]], monxes irlandeses chegaran a [[Inglaterra]], fundando unha serie de [[Mosteiro|mosteiros]], entre eles o de Iona. Paralelamente, a [[Igrexa católica|Igrexa de Roma]] enviara a varios monxes, entre eles [[Agostiño de Canterbury]], con idéntica misión de evanxelización. As dúas empresas misioneiras terminaron chocando, debido ás fortes discrepancias de ritual, estilo e organización que existían entre ámbalas dúas igrexas. Logo de moitos anos en que Northumbria oscilaba alternativamente entre darlle o favor aos monxes irlandeses ou aos romanos, o rei [[Oswiu de Northumbria]] decidiuse a resolver a cuestión.
[[Ficheiro:Whitby Abbey 05.jpg|miniatura|Ruínas da abadía de Whitby]]
 
A historia da reunión é referida por [[Beda|Beda o Venerable]] na súa ''[[Historia ecclesiastica gentis Anglorum|Historia eclesiástica dos ingleses.]]'' Segundo Beda (partidario de Roma), Oswiu preguntaría aos monxes romanos -do anglosaxón Wilfrido, monxe de Rippon, que chegaría a ser bispo de Iork<ref>&nbsp;López Amat, Alfredo; op. cit., páxina 113.</ref>- que títulos alegaban para afirmar a súa superioridade xerárquica sobre os monxes irlandeses, ante o cal eles citarían o texto bíblico de [[Evanxeo de Mateo|Mateo]] 16:18-19 ["... ''Ti es Pedro, e sobre esta pedra edificarei a miña igrexa ... Eu dareiche as chaves do reino dos ceos: todo o que ates na terra será atado no ceo, e o que desates na terra será desatado nos ceos''."] engadindo que [[Pedro, papa|Pedro]] chegara logo a ser [[Papa|Bispo de Roma]], e que máis tarde tamén nomeara aos futuros bispos desa cidade como os seus sucesores e únicos herdeiros, e finalmente, que o bispo de Roma enviáraos a eles.