Estevo de Ripon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Hexhamfromeddius.jpg|miniatura| Páxina dun manuscrito do século XI da ''Vita Sancti Wilfrithi'' describindo a fundación de Hexham Abbey ]]
'''Estevo de Ripon''' foi o autor do texto haxiográfico ''Vita Sancti Wilfrithi'' ("a Vida de [[San Wilfrid]]"). Outros nomes que tradicionalmente se lle atribuíron son '''Eddius Estéfano''' ou '''Æddi Stephanus''', pero os historiadores actuais tenden a favorecer o de "Estevo".
 
== Traxectoria ==
Sábese moi pouco sobre a vida de Estevo de Ripon. O autor da ''Vita Sancti Wilfrithi'' identifícase a si mesmo como "Estevo, un sacerdote". [[Beda]] menciona que Wilfrid trouxo un mestre de canto de [[Reino de Kent|Kent]], Ædde Stephanus,<ref>{{Cita libro|título=Historia eclesiástica del pueblo de los anglos|apelidos=Beda|nome=el Venerable|editorial=Akal|ano=2013|ISBN=978-84-460-3223-6|apelidos-editor=Moralejo|nome-editor=José Luis|serie=Clásicos latinos medievales y renacentistas|lugar=Madrid|páxina=196|ref=}}</ref> a Ripon en [[669]] para ensinar canto, e tradicionalmente pensouse que este era a mesma persoa que o "Estevo" mencionado. Con todo, non hai evidencia sólida de que os dous nomes describan a mesma persoa<ref>Kirby, p. 102.</ref>. Se os dous fosen, de feito, o mesmo, Estevo tería polo menos vinte anos de idade cando chegou ao norte, colocándoo en sesenta anos de idade ou máis á morte de Wilfrid no ano [[709]].
 
Independentemente de se Estevo, o sacerdote, fose ou non o mestre de canto, parece ser seguidor de Wilfrid e foi capaz de consultar con persoas que coñeceran estreitamente a Wilfrid para a&nbsp;''Vida de San Wilfrid.'' Escribiu para os monxes en Ripon, moitos dos cales coñeceran a Wilfrid<ref>Abels, p. 13.</ref>.
Liña 10:
 
=== A vida de San Wilfrid ===
A&nbsp;''Vid<span>a</span> de San Wilfrid'' é a única fonte documental sobre San Wilfrid, á parte da ''[[Historia ecclesiastica gentis Anglorum|Historia Ecclesiastica]]''&nbsp;de Beda.&nbsp;Foi escrito pouco despois da morte de Wilfrid no ano 709. O encargo veu de&nbsp;&nbsp;[[Acca de Hexham]], un dos seguidores de Wilfrid, quen máis tarde se convertería en bispo e sucedería a Wilfrid na&nbsp;[[Sé episcopal|Sede]]&nbsp;de Hexham. Aínda que Estevo posibelmente coñecía a Wilfrid persoalmente e tivo acceso a outras persoas que o coñeceron, relata varios acontecementos extraordinarios e fai uso doutras fontes escritas. Mesmo copia dúas liñas directamente desde ''O Anónimo'' ''a Vida de'' ''Cuthbert'', entre outros préstamos<ref>Heffernan, p. 138.</ref>.&nbsp;Con todo, a diferenza de moitos das primeiras haxiografias medievais, que consistían en cadeas de milagres atribuídos aos santos, a&nbsp;''Vida'' toma a forma dunha descrición cronolóxica e inclúe nomes específicos e eventos.
 
Non se sabe exactamente o obxectivo de Estevo ao escribir a ''Vida de San Wilfrid'', pero os eruditos teñen varias teorías. Argumentouse que un dos propósitos era desmontar o culto baseado en Cuthbert e substituílo polo de Wilfrid. Con todo, os préstamos tomados por Estevo só constitúen unha pequena porcentaxe do total, e áchanse completamente localizados na primeira parte da obra, facendo esta teoría improbábel<ref>Laynesmith, p. 164.</ref>.
Liña 41:
*Kirby, D. P. (1965) “Problems of Early West Saxon History”, in: ''The English Historical Review'' 80.314 (1965), pp.&nbsp;10–29.
*Laynesmith, Mark D. (2000) “Stephen of Ripon and the Bible: allegorical and typological interpretations of the Life of St Wilfrid”, in: ''Early Medieval Europe'' 9.2 (2000), pp.&nbsp;163–82.
[[Categoría:Haxiografía]]