Denotación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: uk:Денотація
Lmbuga (conversa | contribucións)
Revisión
Liña 1:
A distinción entre '''denotación''' e [[connotación]] dos [[signo]]s conta cunha longa tradición [[Filosofía|filosófica]] e [[lingüística]].
 
Nunha primeira aproximación percíbese que o proceso significativo reviste dúas modalidades:
 
*Dun lado, o [[significante]] transmite determinado contido nocional ([[significado]]) primario.
*Doutro, remite a certos valores afectivos evocadores, ideolóxicos, etc., asociados ó contido básico.
 
De aí que, aínda cando en tódalas [[mensaxe]]s se combinan ambos modos de significación, distínguese ás veces entre unha clase de mensaxes fundamentalmente denotativas (coma as [[Linguaxe científica|científicas]]) e outra de mensaxes eminentemente connotativas (coma as [[Linguaxe literaria|artísticas]]).
 
Chámase '''denotación''' ao [[significado]] obxectivo dunha [[palabra]], a aquilo que unha palabra significa para a absoluta totalidade de coñecedores dunha [[lingua]], sen que exista a máis mínima discrepancia entre eles. Soe coincidir este significado co que recollen habitualmente os [[dicionario]]s xerais.
 
==Denotación e referencia==
O concepto de denotación pode prestarse a certo equívoco: como modalidade que é da significación, a denotación implica un tipo particular de relación entre un significante e un significado e, polo tanto, unha relación interna ó propio signo. É preciso, pois, diferenciar 'denotación' e 'referencia'. Esta última institúe a relación entre o signo e a cousa, a realidade extralingüística.