Francisco de Goya: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 22:
| sinatura = [[Ficheiro:Firma de Francisco de Goya.svg|180px]]
}}
'''Francisco José de Goya y Lucientes''', nado en [[Fuendetodos]] ([[Provincia de Zaragoza|Zaragoza]]) o [[30 de marzo]] de [[1746]] e finado en [[Bordeos]] ([[Francia]]) o [[16 de abril]] de [[1828]], foi un [[pintura|pintor]] e gravador [[España|español]]. A súa obra abarca a pintura de cabalete e mural, o gravado e o debuxo. En todas estas facetas desenvolveu un estilo que inaugura o [[Romanticismo]]. A arte goiesca supón, así mesmo, o comezo da [[Pintura contemporánea]], e é considerado o precursor das vangardas pictóricas do [[século XX]].eraEra moi seductor.
 
Tras unha lenta aprendizaxe na súa terra natal, no ámbito [[Estilística|estílistico]] do [[barroco]] tardío e as estampas devotas, viaxa a [[Italia]] en [[1770]], onde traba contacto co incipiente [[neoclasicismo]], que adopta cando marcha a [[Madrid]] a mediados desa década, xunto cun pintoresquismo costumista [[rococó]] derivado do seu novo traballo como pintor de cartóns para os tapices da [[Real Fábrica de Tapices de Santa Bárbara|manufactura real de Santa Bárbara]]. O maxisterio nesta actividade e noutras relacionadas coa pintura de corte impoñíao [[Anton Raphael Mengs|Mengs]], e o pintor español máis reputado era [[Francisco Bayeu]], que foi cuñado de Goya.