Estevo de Ripon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m ligazóns
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Hexhamfromeddius.jpg|miniatura| Páxina dun manuscrito do século XI da ''Vita Sancti Wilfrithi'' describindo a fundación de  Hexham Abbey ]]
'''Estevo de Ripon''' foi o autor do texto  haxiográfico  ''Vita Sancti Wilfrithi'' ("a Vida de San Wilfrid"). Outros nomes que tradicionalmente se lle atribuíron son '''Eddius Estéfano''' ou '''Æddi Stephanus''', pero os historiadores actuais tenden a favorecer o de "Estevo".
 
== Traxectoria ==
Sábese moi pouco sobre a vida de Estevo de Ripon. O autor da ''Vita Sancti Wilfrithi'' identifícase a si mesmo como "Estevo, un sacerdote". [[Beda]] menciona que Wilfrid trouxo un mestre de canto de [[Reino de Kent|Kent]], Ædde Stephanus, a Ripon en [[669]] para ensinar canto, e tradicionalmente pensouse que este era a mesma persoa que o "Estevo" mencionado. Con todo, non hai evidencia sólida de que os dous nomes describan a mesma persoa<ref>Kirby, p. 102.</ref>. Se os dous fosen, de feito, o mesmo, Estevo tería polo menos vinte anos de idade cando chegou ao norte, colocándoo en sesenta anos de idade ou máis á morte de Wilfrid no ano [[709]].
 
Independentemente de se Estevo, o sacerdote, fose ou non o mestre de canto, parece ser seguidor de Wilfrid e foi capaz de consultar con persoas que coñeceran estreitamente a Wilfrid para a &nbsp;''Vida de San Wilfrid.'' Escribiu para os monxes en Ripon, moitos dos cales coñeceran a Wilfrid<ref>Abels, p. 13.</ref>.
 
== Obras ==
 
=== A vida de San Wilfrid ===
A &nbsp;Vid<span>a</span> de San Wilfrid é a única fonte documental sobre San Wilfrid, á parte da ''[[Historia ecclesiastica gentis Anglorum|Historia Ecclesiastica]]'' &nbsp;de Beda. &nbsp;Foi escrito pouco despois da morte de Wilfrid no ano 709. O encargo veu de  &nbsp;&nbsp;[[Acca de Hexham]], un dos seguidores de Wilfrid, quen máis tarde se convertería en bispo e sucedería a Wilfrid na &nbsp;[[Sé episcopal|Sede]] &nbsp;de Hexham. Aínda que Estevo posibelmente coñecía a Wilfrid persoalmente e tivo acceso a outras persoas que o coñeceron, relata varios acontecementos extraordinarios e fai uso doutras fontes escritas. Mesmo copia dúas liñas directamente desde ''O Anónimo'' ''a Vida de'' ''Cuthbert'', entre outros préstamos<ref>Heffernan, p. 138.</ref>. &nbsp;Con todo, a diferenza de moitos das primeiras haxiografias medievais, que consistían en cadeas de milagres atribuídos aos santos, a &nbsp;''Vida'' toma a forma dunha descrición cronolóxica e inclúe nomes específicos e eventos.
 
Non se sabe exactamente o obxectivo de Estevo ao escribir a ''Vida de San Wilfrid'', pero os eruditos teñen varias teorías. Argumentouse que un dos propósitos era desmontar o culto baseado en Cuthbert e substituílo polo de Wilfrid. Con todo, os préstamos tomados por Estevo só constitúen unha pequena porcentaxe do total, e áchanse completamente localizados na primeira parte da obra, facendo esta teoría improbábel<ref>Laynesmith, p. 164.</ref>.
 
O traballo está moi nesgado en favor de Wilfrid e inclúe explícitas comparacións de Wilfrid con personaxes do [[Antigo Testamento]] e o [[Paulo de Tarso|Apóstolo Paulo]]<ref>Laynesmith, p. 175.</ref>. Ao principio, Estevo explica que a comunidade o instou a escribir a ''Vida.'' O obxectivo de &nbsp;Estevo podería ser simplemente describir os sentimentos da comunidade acerca da santidade e a bondade da vida de Wilfrid, a quen coñeceran persoalmente<ref>Foley, p. 99.</ref>.
 
== Significado ==
Liña 41:
*Kirby, D. P. (1965) “Problems of Early West Saxon History”, in: ''The English Historical Review'' 80.314 (1965), pp.&nbsp;10–29.
*Laynesmith, Mark D. (2000) “Stephen of Ripon and the Bible: allegorical and typological interpretations of the Life of St Wilfrid”, in: ''Early Medieval Europe'' 9.2 (2000), pp.&nbsp;163–82.
{{Control de autoridades}}