Paul Gauguin: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Moedagalega (conversa | contribucións)
Coirrixiuse o xénero da palabra "mar".
m →‎Traxectoria: arranxiño
Liña 31:
[[Ficheiro:Paul Gauguin 057.jpg|miniatura|1903]]
[[Ficheiro:gauguin.swineherd.750pix.jpg|200px|miniatura|dereita|''O Swineherd, Britania'', pintado en 1888.]]
Naceu no seo dunha familia [[liberal]] de clase media. O seu pai era [[xornalismo|xornalista]] e a súa nai era filla da precursora [[Feminismo|feminista]] [[Perú|peruana]] [[Flora Tristán]]; tralo [[golpe de Estadoestado]] de [[Napoleón III]] (1851) fuxiu cos seus pais a [[Lima]]. Cando era aínda un adolescente fíxose ao mar; en 1871 regresou a París e entrou a traballar nunha empresa financeira, transformándose nun importante axente bolsista, casou coa danesa Mette-Sophie Gad coa cal tivo cinco fillos.
 
En [[1874]] coñeceu a obra de [[Camille Pissarro]] e observou a primeira exposición dos [[impresionismo|impresionistas]], é nesa época que comezou a desenvolver un forte interese pola arte que o conduciu a tomar clases de pintura e a reunir unha impresionante colección de obras impresionistas que comprendía traballos de [[Edouard Manet]], [[Cézanne]], [[Claude Monet]] e Camille Pissarro. En 1875 trabou coñecemento persoal con este último e empezou a traballar con el; resultado de tan fecunda colaboración foi a invitación a participar na quinta Exhibición Impresionista de 1880, que sería reiterada nos dous anos seguintes.