Gerda Taro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Unhanova (conversa | contribucións)
Liña 35:
En [[1936]] dá comenzo a [[Guerra Civil Española]], que marcaría decisivamente a ambos. Trasládanse a [[España]] para cubrir o conflito. Foron testemuñas de diferentes episodios da guerra, e realizaban reportaxes que logo eran publicados en revistas como ''Regards'' ou ''[[Vu (revista)|Vu]]''.
 
Ao principio a marca «Capa» era utilizada indistintamente por ambos os fotógrafos. Logo produciuse certo distanciamento entre eles e Andrei Friedman quedou co nome de «Robert Capa». Pouco antes de morrer ela comezaría a empregar a sinatura de «Photo Taro».{{Sfn|Arroyo Jiménez|Doménech Fabregat|2015|p=121}}
 
Do traballo de Gerda en solitario a súa reportaxe máis importante foi a da primeira fase da [[batalla de Brunete]]. Gerda foi testemuña do triunfo republicano nesta primeira fase da batalla. Esta reportaxe foi publicada en ''Regards'' o [[22 de xullo]] de [[1937]] e deulle a Gerda un gran prestixio.