Mar de Laptev: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
m →‎Xeografía: arranxiño
Liña 68:
O mar de Laptev está situado fronte á costa de [[Extremo Oriente ruso|Siberia Oriental]], e está delimitado, ao leste, polas costas orientais da [[península de Taimir]] e as illas de [[Terra do Norte]], que o separan do [[mar de Kara]]; ao oeste, polas [[illas de Nova Siberia]], que o separan do [[mar de Siberia Oriental]]; ao sur, pola costa norte de Siberia Central; e, ao norte, o seu límite é unha liña trazada a partir do [[cabo Ártico]], que discorre pola [[illa Komsomolets]] ata o punto de coordenadas 79°N e 139°E e péchase no cabo Anisiy, ao leste.
 
Este mar recibe as augas do [[río Lena]], o principal río de Siberia Oriental (con 4.313 km é un dos [[Ríos de Rusia|máis longos de Rusia]], que forma un gran [[Delta fluvial|delta]] na súa desembocadura. Un pouco máis ao oeste, bordeando a [[península de Taimir]] está o longo estuario do [[río Khatanga]]. Estas dúas formas de estuario son indicativas dos cambios nas correntes causadas polos ríos de Siberia no mar de Laptev e determinan en gran parte o clima local. Ao oeste do río Lena, a uns 80 km, desaguadesauga o [[río Oleniok]] (2.292 km) e máis ao oeste faio o [[río Anabar]]. Ao leste do Lena, tamén desaguan o [[río Omoloy]] e o [[río Yana]].
 
As costas do mar son serpenteantes formando golfos e baías de varios tamaños. A paisaxe costeira tamén é diversa, con pequenas montañas nalgúns lugares preto do mar.<ref name=rev/> Os principais golfos da costa do mar Laptev son o [[golfo de Khatanga]], o [[golfo de Oleniok]], o [[golfo de Buor-Khaya]] e a [[baía do Yana]].<ref name=bse/> Ten varias decenas de illas cunha superficie total de 3 784&nbsp;km<sup>2</sup>, sobre todo están situadas na parte occidental do mar e nos deltas dos ríos. As tormentas e as correntes debidas á desconxelación do xeo erosionarón considerablemente as illas, polo que as illas Semenovsky e Vasilievsky (74°12 "N, 133°E) que foron descubertas en 1815 xa desapareceron.<ref name=bse/>
 
Ocupa unha superficie de aproximadamente 672.000 km² o que, por superficie, sitúao como o 36ª mar do mundo.<ref>«Geo-data: the world geographical encyclopedia» / John F. McCoy, project editor.-- 3ª ed. 2002. A superficie que se da nesta publicación é de 700.000 km<sup>2</sup>.</ref> A súa profundidade media é de 50 m mentres que a súa profundidade máxima é de 3.385 m. É navegable durante o mes de agosto e setembro.
 
== Clima ==
O clima do mar de Laptev é continental ártico e, debido ao afastamento cos océanos Atlántico e Pacífico, é un dos máis severos entre os mares árticos, a miúdo e varrido por fortes vendavais, xistras e tormentas de neve, o mar de Láptev está sometido a un clima rigoroso no inverno, e non é raro que a néboa e a neve tamén aparezan no verán.<ref name=bse/><ref name=brit/> O mar onde as temperaturas do aire permanecen por baixo de 0°C 11 meses ao ano no norte e 9 meses no sur xéase durante a maior parte do ano sendo navegable entre agosto e setembro, aínda que o uso de [[crebaxeos]] permite alcanzar durante todo o ano o principal porto deste mar, [[Tiksi]], situado preto da boca do río Lena.