Diferenzas entre revisións de «Lingua castelá»

m
Os falantes adoitan ser [[emigración|emigrantes]] de Hispanoamérica ou os seus descendentes, así como estudantes da lingua, onde acostuma ser a lingua máis estudada despois das oficiais.
 
[[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] é o segundo país con máis castelanfalantes no mundo<ref>[http://www.nytimes.com/2011/03/13/arts/television/cnn-en-espanol-restructures-its-programming.html?_r=0 "CNN en español restructures its programing"], artigo en ''New York Times'', 13 de marzo de 2011 {{en}}.</ref><ref>Instituto Cervantes, 2008 ([http://www.elpais.com/articulo/cultura/speak/spanish/Espana/elpepucul/20081006elpepicul_1/Tes "Más 'speak spanish' que en España"], artigo en ''[[El País]]'', 6 de xuño de 2008 {{es}}.</ref>. O castelán ten unha longa historia nos Estados Unidos, con moitos [[topónimo]]s nesa lingua desde a época da colonización española. A súa presenza viuse fortalecida pola inmigración procedente do resto de América. O español concéntrase especialmente en cidades cosmopolitas como [[NewNova York]], [[Los Angeles]], [[Chicago]], [[Miami]], [[Houston, Texas|Houston]], [[San Antonio, Texas|San Antonio]], [[Denver]], [[Baltimore]] e [[Seattle]]. O castelán, ademais, é a lingua estranxeira máis ensinada no país<ref>[http://www.adfl.org/resources/enrollments.pdf Foreign Language Enrollments in United States Institutions of Higher Learning], MLA Fall 2002.</ref>.
 
Hai un avance progresivo do [[bilingüismo]], sobre todo nos estados de [[California]], [[Novo México]] e [[Texas]], nos que existen programas oficiais bilingües de castelán para residentes hispanos. En California moitas actividades de goberno, documentos e servizos están dispoñibles neste idioma. A sección 1632 do Código Civil de California recoñece o castelán como a lingua da comunidade hispana, polo que a lei Dymally-Alatorre institúe un bilingüismo inglés-castelán, sen a exclusión necesaria doutras linguas. No estado de Nuevo México o castelán é utilizado mesmo na administración estatal, aínda que ese estado non ten ningunha lingua oficial establecida na constitución. O [[castelán neomexicano]] remóntase aos tempos da colonización española no século XVI e conserva numerosos [[arcaísmo]]s. A Comisión de Dereitos Civís dos EUA recoñeceu que en 1912 "os neomexicanos tiveron éxito á hora de protexer a súa herdanza, incluíndo provisións na súa constitución que fan do castelán unha lingua oficial, igual có inglés". En Texas o goberno a través da sección 2054.116 do Código Gobernamental estipula que as axencias estatais deben proporcionar información en castelán nas súas páxinas web. Outros estados da Unión recoñecen tamén oficialmente o castelán.
103.759

edicións