Edicións do Dragón: Diferenzas entre revisións

editorial galega
Contido eliminado Contido engadido
Zumbi (conversa | contribucións)
Nova páxina: '''Edicións do Dragón''', proxecto editorial galego activo entre os anos 1990 e 1998 e radicado na cidade de Santiago de Compostela que se moveu grazas ao esforzo de, ent...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 5 de agosto de 2007 ás 02:16

Edicións do Dragón, proxecto editorial galego activo entre os anos 1990 e 1998 e radicado na cidade de Santiago de Compostela que se moveu grazas ao esforzo de, entre outros, Paco Souto, Fran Alonso e Miro Villar. Nacida como unha editorial pequena de tiraxes curtas a súa preocupación pola súa dimensión estética levounos a abordar o formato de carpetas poéticas, feitas dun xeito case artesanal e coa participación de diversos autores plásticos. Ao longo da súa traxectoria publicou cinco volumes colectivos, e dous de autoría individual, ambos de autores debutantes. Cesou as súas actividades en 1998 debido á separación profesional dos seus impulsores. A súa importancia na poesía dos 90 é capital, por acoller o debut de moitos dos seus autores novos e tamén por sentar as bases do que despois sería Letras de Cal.

Obras publicadas