José Aranguren Roldán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Traxectoria: Arranxos varios + cda
Xas (conversa | contribucións)
m completo edición
Liña 1:
'''José Aranguren Roldán''', nado na [[A Coruña|Coruña]] en [[1875]] e finado en [[Barcelona]] o [[22 de abril]] de [[1939]], foi un millitarmilitar galego, xeneral da [[Garda Civil]].
{{enuso}}
'''José Aranguren Roldán''', nado na [[A Coruña|Coruña]] en [[1875]] e finado en [[Barcelona]] o [[22 de abril]] de [[1939]], foi un millitar galego.
 
== Traxectoria ==
=== Na Garda Civil ===
Xeneral da [[Garda Civil]]. Foi comandante da [[IV División Orgánica]] e gobernador militar de Valencia. Foi fusilado por manterse fiel á [[Segunda República Española|República]] durante a [[Guerra Civil Española]].
Ingresou con 16 anos na Academia Militar e despois pasou á [[Garda Civil]], na que fixo carreira militar, ascendendo a coronel en 1929. Cando se proclamou a [[Segunda República Española|República]] era director do Colexio de Gardas Mozos "Duque de Ahumada". Uns meses despois foi destinado á [[A Coruña|Coruña]] como xefe do Tercio da Garda Civil. Foi ascendido a xeneral de brigada polo Goberno da [[Frente Popular]] o [[31 de marzo]] de [[1936]] e foi nomeado para mandar a 5ª zona da Garda Civil en [[Cataluña]] -composta por dous tercios e catro escuadróns de Cabaleiría-,{{Sfn|Cabanellas|1975|p=442}}{{Sfn|Martínez Bande|2007|p=305}} con cabeceira en [[Barcelona]].
 
Algún autor ten sinalado a súa posible pertenza á [[Unión Militar Española]] (UME).{{Sfn|Pagès i Blanch|2013|p=22}}
 
=== Na Guerra Civil ===
Co [[golpe de Estado do 18 de xullo de 1936]] negouse a unirse aos sublevados -a pesar da súa condición de católico e estar conceptuado como persoa de filiación dereitista-, e púxose coas forzas ao seu mando, a disposición do Goberno republicano, o que contribuíu decisivamente a que Barcelona no caese en poder dos rebeldes.{{Sfn|Alpert|2013|p=21}} O xeneral [[Manuel Goded]] chamouno para intentar que se sumase ao golpe, pero Aranguren negouse rotundamente.{{Sfn|Thomas|1976|p=260}} O seu subordinado, o coronel [[Antonio Escobar Huerta|Antonio Escobar]], tamén se mantivo fiel á República e cumprindo as ordes de Aranguren, mandou as tropas da Garda Civil que acabaron coa sublevación. A mediados de agosto de [[1936]] foi unha das testemuñas de cargo no proceso a que foron sometidos os xenerais sublevados Goded e [[Álvaro Fernández Burriel|Fernández Burriel]] como consecuencia do golpe de Estado, chegando a declarar contra os xenerais rebeldes.{{Sfn|Thomas|1976|p=437}}
 
Posteriormente integrouse na [[Guardia Nacional Republicana]].{{Sfn|Alpert|2013|p=323}} Durante a guerra mandou algún tempo a [[IV División Orgánica]],{{Sfn|Romero Salvadó|2013|p=53}}{{Sfn|Toryho|1978|p=20}} desempeñando o cargo máis nominalmente que de feito, dada a prepotencia do [[Comité de Milicias Antifascistas de Cataluña]] e a amplitude de funcións que asumiu a Consellería de Defensa do Goberno da Generalitat catalá. Despois dos sucesos de maio de 1937 pasou a desempeñar a comandancia militar de [[Valencia]], continuando nese cargo até o final da guerra.{{Sfn|Romero Salvadó|2013|p=53}} Nos últimos días da contenda negouse a abandonar a España republicana,{{Sfn|Romero Salvadó|2013|p=53}} por considerar que se limitara a cumprir co seu deber.
 
Coa entrada dos franquistas en Valencia a finais de marzo de [[1939]], foi detido e posteriormente sometido a un consello de guerra, condenado a morte e executado o [[22 de abril]] dese ano.{{Sfn|Alpert|2013|p=323}}{{Sfn|Thomas|1976|p=992}}{{Sfn|Cabanellas|1975|p=874}} O seu antigo subordinado, Escobar, tamén foi fusilado en 1940.{{Sfn|Olaizola|1983|p=183}}
 
== Notas ==
{{listaref|3}}
 
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{cita libro| apelido= Alpert |nome= Michael |título= El Ejército Republicano en la Guerra Civil |editorial= Cambrige University Press |ano=2013 |isbn= 84-7054-055-6 }}
* {{Cita libro |apelido = Cabanellas |nome= Guillermo |título= La guerra de los mil días: nacimiento, vida y muerte de la II República Española |ano= 1975 |editorial= Heliasta |lugar= Buenos Aires}}
* {{cita libro |apelido=Martínez Bande|nome=José Manuel |título=Los años críticos: República, conspiración, revolución y alzamiento |url= https://books.google.es/books?id=ErNQmsJ3QlAC&printsec=frontcover#v=onepage&q&f=false |idioma= |edición= |ano=2007 |editor= |editorial=Encuentro |lugar= Madrid |isbn=84-306-0487-1}}
* {{cita libro|apelidos= Olaizaola |nome= José Luis |título= La guerra del general Escobar |ano= 1983 |isbn= 84-320-5561-1}}
* {{cita libro| apelido= Pagès i Blanch |nome= Pelai |título= War and Revolution in Catalonia, 1936-1939 |editorial= Koninklijke Brill NV |lugar= Leiden |ano=2013 |isbn= 978-90-04-25427-5 }}
* {{cita libro|apelidos= Romero Salvadó |nome= Francisco J. |título= Historical Dictionary of the Spanish Civil War |ano= 2013 |editorial= The Scarecrow|lugar= |isbn= }}
* {{cita libro|apelidos= Thomas |nome= Hugh |ligazónautor= Hugh Thomas |título= Historia de la Guerra Civil Española|ano= 1976 |editorial= Círculo de Lectores|lugar= Barcelona |isbn= 84-226-0874-X}}
* {{cita libro|apelidos= Toryho |nome= Jacinto |enlaceautor= |título= Del triunfo a la derrota |ano= 1978 |editorial= Argos Vergara |lugar= |isbn= }}
 
{{Control de autoridades}}