Historia da lingua galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 90:
* O mundo da '''xustiza''' tamén comeza a empregar o galego: tradúcense as ''Partidas'' de [[Afonso X]], o ''Forum ludicum'', o ''Fuero real'' etc.
* A '''Igrexa''' usa o galego cada vez máis (sobre todo no século XIV) na súa vida administrativa e nas súas relacións con concellos e confrarías. Así e todo, o latín segue a posuír o status de lingua universal de cultura.
* Esta tamén é a etapa de maior esplendor da '''[[Literatura galego-portuguesa medieval|literatura galega]]'''. O galego convértese na lingua por excelencia da [[lírica]] en toda a península, agás en [[Cataluña]] ([[poesía trobadoresca]]). Propiamente debemos falar de [[lírica galego-portuguesa]]. O galego acada agora o rango de lingua internacional para a expresión lírica, xa que está presente tanto ennos autores (galegos, portugueses, casteláns, [[Occitania|occitanos]], [[sicilia]]nos etc.), coma ennas cortes reais e señoriais ([[Santiago de Compostela|Santiago]], Toledo, Coimbra, [[Lisboa]]...)
 
As ''[[Cantigas de Santa María]]'', composicións feitas en loanza da Virxe, son a mostra da vertente relixiosa desta lírica galego-portuguesa e constitúen o corpus de poesía mariana medieval máis relevante de toda a Península. Foron compostas na corte de Afonso X o Sabio, quen se encargou da dirección e, en ocasións, da propia elaboración. Exemplifican o prestixio acadado polo idioma galego como lingua literaria a finais do século XIII.