Algeciras Club de Fútbol: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Cambio o modelo: URUb
m Arranxos varios + cda
Liña 21:
leftarm2=4682B4|body2=4682B4|rightarm2=4682B4|shorts2=4682B4|socks2=4682B4|
}}
O '''Algeciras Club de Fútbol''' é un club de [[fútbol]] de [[España]], da cidade de [[Alxeciras]], na [[provincia de Cádiz]]. Foi fundado en [[1912]] e actualmente milita na [[Terceira División Española]]. No club militaron os dous únicos alxecireños que xogaron na [[Selección española de fútbol]]: [[Andrés Mateo]] e [[Juan López Hita]].
 
== Historia ==
 
A afección polo balompé na cidade de Alxeciras chegou a finais do [[século XIX]] desde a colonia británica de [[Xibraltar]]. É contra os equipos desta cidade e os das veciñas do [[Campo de Xibraltar]] contra quen levan a cabo as primeira competicións locais. Nos seus primeiros anos os equipos da cidade xogaban en varios campos de area dos arredores da cidade; un destes campos provisionais situábase na zona da cidade denominada ''El Calvario'', cerca do recinto feiral da cidade; será este campo o primeiro no que xogará os seus partidos o ''Algeciras Club de Fútbol''.
 
O equipo naceu oficialmente en [[1912]] cun persoal formado por Ricardo Torres, Márquez, Bourman, Casero, Aguilera, Beneroso, Arrabal, Illescas, Imossi, Julio Saénz, Camuesco, Butrón, Coca, Marset, Rivas, Calderón, Beli, Maciste e Díaz; xogando o seu primeiro partido fronte ao ''Alexandra'' de Xibraltar quedando empate a cero.
 
Durante as súas primeiras tres décadas de existencia o equipo milita en categorías rexionais andaluzas. Tras o parón ocasionado pola [[guerra civil española|guerra civil]], cando deixan de disputarse partidos de fútbol, o equipo volverá en [[1940]] a competición rexional para xogar en [[Terceira División de España|Terceira división]] a partir de [[1943]].
 
Na tempada 1956-57 o equipo fusionouse co [[Unión Deportiva España|España de Tánxer]] pasando a denominarse ''España de Algeciras'' aínda que na tempada seguinte volve chamarse Algeciras Club de Fútbol. O [[16 de setembro]] de [[1954]] inaugurouse o estadio de ''El Mirador'' cun partido entre a [[Selección de fútbol de Andalucía]] e o [[Athletic de Bilbao]] con resultado de 1 a 5 para os [[Bilbao|bilbaínos]]; deste xeito o equipo dispuxo dunhas instalacións máis modernas e abandonou o antigo estadio do Calvario ameazado polo crecemento da cidade.
 
Na tempada 1963-64 o equipo ascende por primeira vez a [[Segunda División de España|Segunda división española]] tras xogar en [[Valencia]] contra o [[Atlético Baleares]]. Ese mesmo ano debuta no club o xogador [[Juan López Hita]] que catro anos máis tarde recalará no [[Sevilla Fútbol Club|Sevilla FC]] e chegará a disputar varios partidos coa [[Selección española de fútbol]]. Permanecerá nesta categoría durante catro anos ata que na tempada 1966-67 descende a Terceira e tres anos logo de novo a Rexional.
 
A recuperación de categoría realizarase de forma gradual os anos seguintes; así na tempada 1974-75 ascéndese á Terceira división, na 1976-77 a [[Segunda División B de España|Segunda división B]] e na 1977-78 ascéndese de novo a Segunda división tras gañar en El Mirador a liguiña de ascenso fronte ao [[Girona Futbol Club]]. Perderá esta categoría na tempada 1979-80 para recuperala na 1983-84 tras xogar a liguiña de ascenso xunto ao [[Granada Club de Fútbol]], [[Albacete Balompié]] e [[Unión Deportiva Puertollano|Calvo Sotelo Club de Fútbol]]. O equipo descende a tempada seguinte e comeza unha época de dificultades económicas e deportivas que culminan co descenso só tres anos despois, en [[1986]], a Rexional andaluza por falta de pagamentos á [[Real Federación Española de Fútbol]].
 
Tras isto sucedéronse varios anos nos que o club miltou entre a Terceira división e a Segunda División B até a tempada 2002–03, cando o equipo ascendeu á [[Segunda División de España|Segunda División]] por cuarta vez na súa historia ao gañar o seu partida fronte ao [[Bilbao Athletic]]. Nesa tempada 2002–03, o club proclamouse campión do Grupo IV de Segunda B, e tras disputar unha liguiña de ascenso impecable, logrou o ansiado retorno á Segunda División. Uns anos antes, en [[1999]], inaugurouse o [[Estadio Nuevo Mirador]] cun partido entre o equipo local e o [[Real Betis]], gañando este o encontro por un gol a cero. Este novo estadio con capacidade para 7.500 espectadores nacera co obxecto de ser o escenario dunha nova época para o club, por desgraza o equipo comeza a pasar unha serie de penurias de índole económica que acaban reflectíndose no deportivo.
 
Na tempada [[Segunda división española 2003/04|2003–04]] descendeu á Segunda División B, baixando a Terceira tras a campaña [[Segunda división B española 2005/06|2005–06]]. Tras gañar o campionato na tempada 2006–07, retornaron novamente á Segunda B, quedando últimos na categoría. Por falta de pagamento ao corpo técnico e persoal, o equipo foi descendido dúas categorías, retornando de novo á [[Primeira División de Andalucía|Primeira División rexional andaluza]] por ser incapaz de facer fronte ás débedas contraídas co persoal na tempada 2007–08.
 
Durante a tempada 2008–09, o equipo dirixido polo alxecireño Diego Pérez "Yiyi", ascendeu de novo á Terceira División, na que milita actualmente.
Liña 105:
 
{{Terceira División G10}}
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Equipos de fútbol de Andalucía|Algeciras Club de Futbol]]