Abrir o menú principal

Cambios

sen resumo de edición
Esta primeira RCT caracterizouse por un cambio nos instrumentos de traballo de tipo artesanal pola [[máquina de vapor]], movida pola enerxía do carbón. A máquina esixe individuos máis cualificados, produce unha redución no número de persoas empregadas, guindando de maneira incesante masas de obreiros dun ramo da produción a outra, especialmente do campo á cidade.
 
A Revolución Industrial xerou tamén un alargamento dos mercados estranxeiros e unha nova [[división internacional do traballo|División Internacional do Traballo]] (DIT). Os novos mercados conquistáronse mediante o abaratamento dos produtos feitos coa máquina, polos novos sistemas de transporte e a apertura de vías de comunicación, así como tamén, mediante unha política expansionista. Entre [[1830]] e [[1880]], as principais guerras foron de tipo colonialista, na [[India]], [[China]], [[Turquía]], [[Sudán]], [[Irán|Persia]], [[Afganistán]], [[Rusia]] Oriental e [[México]].
 
Un dos principios fundamentais da industria moderna é que nunca considera os procesos de produción como definitivos ou acabados. A súa base técnico-científica é revolucionaria, xerando así, o problema da obsolescencia tecnolóxica en períodos cada vez máis breves. Dende esta perspectiva pode afirmarse que tódalas formas de produción anteriores á industria moderna (artesanía e manufactura) foron esencialmente conservadoras. Así a todo, esta característica de obsolescencia e innovación non se circunscribe á ciencia e a tecnoloxía, senón que debe ampliarse a toda a estrutura económica das sociedades modernas. Neste contexto a innovación é, por definición, negación, destrución, cambio, a transformación é a esencia permanente da modernidade.
Usuario anónimo