Mandorla: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 1:
{{Sen referencias|data=novembro de 2016}}
{{sen notas}}
[[Ficheiro:Codex_Bruchsal_1_01v_cropped.jpg|miniatura|Cristo dentro dunha forma de '''mandorla''' ou '''''vesica piscis''''' nun [[manuscrito]] medieval (o Evanxeo de Stuttgart / ''das Speyerer'' ''Evangelistar'', [[1220]]). Nas esquinas aparecen os 4 evanxelistas ([[Tetramorfo|tetramorfostetramorfo]]s).]]
[[Ficheiro:Vesica_Piscis.svg|miniatura|A ''Vesica Piscis'']]
A '''mandorla'''<ref>{{DRAG|mandorla}}</ref> (ou '''''vesica piscis''''') é un símbolo ou un [[Auréola|halo]] de xeito oval no que están inseridos personaxes sagrados da [[Cristianismo|relixión cristiá]], sendo o máis común [[Xesús de Nazaret|Cristo]], mais tamén a [[Virxe María|Virxe]] ou os santos<ref>{{Cita libro|título=Enfoques Actuales en la Didáctica de las Matemáticas|apelidos=Azcárate Goded|nome=Pilar et alii|editorial=Secretaría General Técnica, Ministerio de Educación y Ciencia|ano=|ISBN=84-369-4287-6|páxina=42|páxinas=|ref=}}</ref>. Empregouse, principalmente, na [[arte románica]] e [[Arte bizantina|bizantina]]<ref>{{Cita libro|título=Dictionary of Symbols|apelidos=Liungman|nome=Carl G.|editorial=W.W.norton|ano=1991|ISBN=0-393-31236-4|páxina=287|ref=}}</ref>, sendo os exemplos máis antigos da arte paleocristiá do século V<ref>{{Cita libro|título=Símbolos en el arte cristiano. Breve diccionario ilustrado|apelidos=Úzquiza ruiz|nome=Teodoro|editorial=Sembrar|ano=2012|ISBN=978-1-4716-4306-4|lugar=Burgos|páxina=179|ref=}}</ref>.
 
A palabra mandorla vén do italiano ''mandorla'', que significa "améndoa". Nalgunhas linguas tamén se coñece co nome de "améndoa mística"<ref>Referencia en [http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=ver&id=3492&opcion=entrada&entrada=am%E9ndoa Digalego.xunta.gal]: ''Ornamento en xeral de forma elíptica, que rodea unha figura sagrada á que se quere dar un relevo especial.''</ref><ref>{{Cita libro|título=Frutos secos, salud y culturas mediterráneas|apelidos=Salas-Salvadó|nome=Jordi|editorial=Glosa|ano=2005|ISBN=84-7429-253-0|apelidos2=Ros Rahola|nome2=Emilio|apelidos3=Sabaté Casellas|nome3=Joan|páxina=67|ref=}}</ref><ref name=":0">{{Cita libro|título=Metamorphosis: The Transfiguration in Byzantine Theology and Iconography|apelidos=Andreopoulos|nome=Andreas|editorial=St.Vladimir's Seminary Press|ano=2005|ISBN=0-8141-295-3|páxina=84|ref=|ignore-isbn-error=true}}</ref><ref>{{Cita libro|título=Diccionario técnico Akal de conservación y restauración de bienes culturales|apelidos=Rico|nome=Lourdes|editorial=Akal|ano=2003|ISBN=84-460-1227-8|apelidos2=Martínez|nome2=Celia (dirs.)|lugar=Madrid|páxina=359|lingua=|ref=}}</ref>. Igualmente, emprégase tamén a expresión latina ''[[vesica piscis]]'' (vexiga de peixe) e consiste nun símbolo fixo con dous círculos do mesmo radio que se intersectan de xeito que o centro de cada círculo está na circunferencia do outro.
 
== Historia ==
A mandorla, como forma simbólica, provén dun elemento arquitectónico romano que introducía os personaxes representados dentro dun círculo ou medallón, denominado [[Clípeo (escudo)|''clípeo'']], que daba lugar á chamada "''imago clipeata''".<ref name=":0" /> O medallón, que amosa o retrato do defunto nun epitafio incorporouse rapidamente aos [[Sartego|sartegossartego]]s cristiáns.
 
O mesmo motivo é atopado na [[iconografía]] da [[arte bizantina]] ortodoxa, como na icona da [[Transfiguración de Xesús|Transfiguración]], na baixada ao limbo ou a icona de [[Pantocrátor|Cristo Pantocrátor]] (mandorla tripla). Na icona da Natividade, a Virxe está representada tamén nunha mandorla, que foi confundida co seu leito. Pola contra, na icona da Dormición da Virxe, xa non está nunha mandorla senón que é a súa alma a que vén recoller Cristo nunha mandorla. Tamén aparece no [[Mosteiro do Monte Sinaí]] ([[Exipto]]) onde aparece no único [[mosaico]] encargado por [[Xustiniano I|Xustiniano]] fóra de [[Roma Antiga|Roma]], entre o [[549]] e o [[564]].<ref>{{Cita libro|título=Arte. Historia de la pintura, escultura y arquitectura|apelidos=Hartt|nome=Frederick|editorial=Akal|ano=1989|ISBN=84-7600-411-7|serie=Arte y Estética|páxina=336|ref=}}</ref>
 
En [[Francia]], unha das mandorlas máis antiga aparece nun sartego [[Dinastía Merovinxia|merovinxio]] na [[cripta]] da Jouarre. Na cabeceira do sartego de san Agilbert, atópase unha das catro formas cristalinas diferentes en torno a unha ''[[Maiestas Domini]]'' nunha mandorla. Os escultores do [[Século VII|século VII]], fixaron a imaxe de Cristo como un rapaz novo, sen barba, cunha representación próxima ás representacións bizantinas<ref>{{Cita web|url=http://www.turismo77.es/heritage-culture-france/religious-heritage/abbey-jouarre.htm|páxina-web=|título=Imaxe|data-acceso=28-11-2016}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.abbayejouarre.org/index.php?option=com_content&view=article&id=31&Itemid=206|páxina-web=|título=Páxina actual do Patronato de Cultura de Jouarre|data-acceso=28-11-2016|lingua=fr}}</ref>.
 
[[Ficheiro:St_Genis_des_Fontaines_Linteau_09.jpg|miniatura|Detalle central do lintel do mosteiro de Sant Genís de Fontanes.]]
Outra representación está situada na fachada da igrexa do [[mosteiro de Sant Genís de Fontanes]], na que aparece sobre o [[lintel]] (en [[mármore]] branco de [[Céret]]). Esta escultura románica é coñecida como a máis antiga de pedra (data de 1019-1020), e representa a Cristo bendicindo inserido nunha mandorla perlada, sostida por dous [[Arcanxo|arcanxosarcanxo]]s e enmarcado por dous grupos de tres personaxes bíblicos.
[[Ficheiro:Lugo, catedral 02-08a.JPG|miniatura|Mandorla con Cristo en maxestade na porta norte da [[Catedral de Lugo]].]]
Nas igrexas románicas francesas, é moi común a presenza de Cristo inserido en mandorlas, como en [[Santa Fe de Conques]], en [[San Trófimo de Arlés]] ou na basílica de [[Sant Sernin de Toulouse]]. [[Ficheiro:Meister_aus_Tahull_001.jpg|miniatura| Pinturas murais de Sant Climent de Taüll co [[pantocrátor]] inserido nunha mandorla.]]
En España, aparece en motivos escultóricos como na igrexa de Santa María de Cobizar ([[Lleida]]), a igrexa de Santiago de [[Carrión de los Condes]] ([[Palencia]]) ou na igrexa de San Esteban de Moradillo de Sedano ([[Burgos]]). Na igrexa de Santo Domingo de Soria, como unha rareza, aparece a [[Santa Trindade|Santísima Trindade]] en mandorla, rodeada por anxos, cos símbolos dos [[Tetramorfo|evanxelistas]] e as figuras sedenets da Virxe e [[Xoán o Bautista|san. Xoán Bautista]].
 
Hai tamén mandorlas en [[Manuscrito|manuscritosmanuscrito]]s iluminados e tamén na pintura medieval aínda que, neste caso, preferentemente situado no eixo da [[ábsida]], como na igrexa de Sant Climent de Taüll ([[Lleida]]), a igrexa dos santos Julián e Basilisa en Bagüés ([[Huesca]]) ou nos cofres da basílica de San Isidoro de León. Aparece, igualmente, na [[ourivaría]], como é o caso do retablo do [[santuario de San Miguel de Aralar]] ou a urna de [[Santo Domingo de Silos]] ([[Burgos]]).
 
== Forma e símbolo ==
Liña 28:
De acordo co simbolismo de [[Hildegarda de Bingen|santa Hildegarda de Bingen]], a mandorla refírese ao cosmos<ref>{{Cita libro|título=Hildegard von Bingen: Prophetin der Weisheit kosmischen|apelidos=Riedel|nome=Ingrid|editorial=Kreuz Verlag|ano=2005|ISBN=|páxina=238|ref=}}</ref>.
 
Na [[arquitectura gótica]], ademais dos beneficios de deseño de arquitectura da bóveda de nervios que permite a entrada de luz na construción, aparece tamén o [[Arco apuntado|arco apuntado]] que ten a aparencia de mandorla aberta para a plena luz.
 
Este símbolo é tamén utilizado fóra do cristianismo. En varias relixións a améndoa é asociada co nacemento dunha virxe. Por exemplo, a [[Ninfa (mitoloxía)|ninfa]] virxe Nana concibiu a [[Atis]] ao pór unha améndoa nos seus seos<ref>{{Cita libro|título=The Golden Bough.|apelidos=Frazer|nome=James|editorial=Macmillan Publishing Company|ano=1922|ISBN=0-02-095570-7|páxina=403|ref=}}</ref>.
Liña 43:
 
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Arte románica]]
[[Categoría:Elementos arquitectónicos]]