Acordos de Basilea: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Desfíxose a edición 4083142 de Xoacas (conversa)
m Arranxos varios
Liña 4:
 
== O Comité de Basilea ==
Anteriormente, o Comité de Basilea compoñíase por representantes dos bancos centrais e as administracións reguladoras do G-10 máis [[Luxemburgo]] e [[España]]. Dende 2009, están representadas tódalas economías principais do [[G-20]] así como outras das principais prazas bancarias como [[Hong Kong]] e [[Singapur]].
 
O Comité non ten a autoridade para impoñer as súas recomendacións, aínda que a maioría dos países membros, así como outros países, tenden a implantar as políticas do Comité. Isto significa que as recomendacións se executan a través de [[lei]]s e regulamentos tanto a nivel nacional como europeo, máis que coma un resultado das recomendacións do Comité. Deste xeito pode pasar un tempo entre a publicación das recomendacións e a súa execución como lexislación nacional.
Liña 17:
 
=== Basilea II ===
Basilea II publicouse por primeira vez en xuño de [[2004]] para emendar as normas internacionais que controlan canto capital precisan os bancos para asegurar a súa protección fronte os riscos financeiros e operativos. As normas pretenden garantir que canto maior é o risco ó que un banco está exposto, maior sexa a cantidade de capital necesaria para salvagardar a súa [[solvencia económica|solvencia]] e estabilidade económica. Basilea II establecía uns requisitos de xestión de capital e risco para asegurar que un banco posuía a cantidade de capital suficiente para afrontar os riscos ó que estaba exposto polas súas propias operacións comerciais, de préstamo e de investimento. Un dos principais obxectivos era o de manter unha homoxeneidade nos regulamentos tal que permitise así limitar a [[competencia desleal]] entre os bancos en activo internacionais. Aínda que Basilea II foi elaborado nos anos anteriores ó 2008 non foi ata comezos deste ano cando as principais economías o implantaron, mais a crise financeira fixo que non chegase a ser efectivo.
 
=== Basilea III ===
Basilea III ou Terceiro Acordo de Basilea é un marco regulador mundial e voluntario que rexe a adecuación do [[capital bancario]], as probas de resistencia e o risco de liquidez dos mercados. Foi acordado entre os membros do BCBS en 2010-2011, e programouse a súa introdución entre 2013 e [[2015]]. Non entanto, os cambios producidos a partir do 1 de abril de [[2013]] ampliaron a súa execución até o 31 de marzo de [[2018]] e posteriormente até o 31 de marzo de [[2019]]. O terceiro dos Acordos de Basilea redactouse en resposta ás deficiencias da [[regulación económica]] que saíron á luz durante a crise financeira de 2008, mais non tiña como obxectivo substituír os acordos anteriores, senón que se centra noutras cuestións relacionadas principalmente co risco de pánico bancario. Ademais, Basilea III reforzaría os requirimentos de capital bancario aumentando a [[liquidez]] e reducindo o apancamento dos bancos.
 
Durante as negociacións de Basilea III, a crise era unha prioridade e, en consecuencia, tomáronse medidas más severas que foron adoptadas rapidamente por algúns dos países chave da economía incluíndo a rexión [[Unión Europea|europea]] e os EEUU.
 
== Véxase tamén ==