Reino de Irlanda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 26:
|data_fin = 31 de decembro
|datos_superficie1 = 84412
|título_líder = [[Rei]]<small><sup>1</sup></small>
|lexislatura = [[Parlamento de Irlanda]]
|notas = Oficialmente non tivo nunca unha única bandeira.<br><sup>1</sup>O Rei estaba representado por un [[Lord Tenente de Irlanda|Lord Tenente]].<br><br>{{Despregable
Liña 40:
 
== Motivo para a súa creación ==
O [[papa]] [[Hadrián IV, papa|Hadrián IV]], [[Inglaterra|inglés]], concedera á [[monarquía]] [[anglosaxóns|anglo]]-[[normandos|normanda]] a illa da [[Irlanda]] como unha posesión [[feudal]] en [[1155]] por unha [[bula pontificia]] (''Laudabiliter''), que permitiu á monarquía inglesa actuar como gobernante da illa. Isto foi confirmado polo seu sucesor, o [[Alexandre III, papa|Papa Alexandre III]] en [[1172]], mais nominalmente Irlanda era unha [[Suzeranía|suserania papal]]. Coa excomuñón pola Igrexa do rei de [[Inglaterra]] [[Henrique VIII de Inglaterra|Henrique VIII]] en [[1533]], a posición constitucional do Estado inglés en Irlanda tornouse incerta. Henrique rompeu coa [[Santa Sé]] e proclamouse xefe da recentemente creada [[Igrexa Anglicana]], a fin de obter unha anulación do casamento, que o papa [[Clemente VII, papa|Clemente VII]] rexeitara. Como consecuencia, Henrique deixou de recoñecer a soberanía da [[Igrexa Católica]] sobre Irlanda. Como solución para este problema, Henrique foi proclamado rei da [[Irlanda]] pola Lei da Coroa irlandesa de [[1542]] aprobada polo [[Parlamento irlandés]].
 
Con todo, o novo reino non foi recoñecido polas monarquías católicas da [[Europa]]. A [[bula papal]] de [[1555]] nomeou [[María I de Inglaterra|María I]] como Raíña da Irlanda, recoñecendo así a conexión persoal coa Coroa da Inglaterra, no dereito canónico.
 
Deste xeito, o trono da Irlanda foi ocupado polo [[Rei de Inglaterra]], representando o recentemente creado Reino da Irlanda pola unión persoal co [[Reino de Inglaterra]]. En [[1603]], o trono de Inglaterra foi ocupado polo [[Reino de Escocia|Rei da Escocia]], que posteriormente levou á formación do [[Reino de Gran Bretaña]] en [[1707]], cando os parlamentos dos dous reinos fundíronse nunha sesión na sede do parlamento inglés en [[Palacio de Westminster|Westminster]], [[Londres]]. En [[1801]], os parlamentos irlandés e británico uníronse da mesma maneira para formar o [[Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda]].