Templo romano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+cat
m →‎top: Arranxos varios
Liña 3:
O '''templo romano''', era o lugar de culto da [[Roma Antiga]]. Na súa orixe resultou da combinación entre o tipo de [[Templo etrusco|cella etrusco-itálico]] e o [[pórtico de columnas]] do [[templo grego]], con planta rectangular e lixeiras diferenzas no que [[Vitrubio]] chamou [[orde toscana]], case cadrado sobre [[Zócolo (construción)|zócolo]] accesible por unha escaleira anterior (''podium''). Porén, os esquemas varían moito e adoptan singularidades, sobre todo en [[Oriente]]. Os de planta rectangular son os normais; así, o de [[Templo de César]] no [[foro de Roma]], edificado onde se incinerou o seu corpo, tiña un ''podium'' recuberto de placas de pedra, cuxa parte dianteira avanzaba cara ao foro e formaba unha tribuna (''rostra Iulia''), en cuxo centro un semicírculo deixaba lugar para o altar, e aos lados estaban os esporóns das naves capturadas en [[Accio]]; por dúas escaleiras subíase ao templo hexástilo e próstilo; outro exemplo, moi ben conservado, é a ''[[Maison carrée]]'' en [[Nîmes]], hexástilo e pseudoperíptero corintio, construído por [[Augusto]] en honra dos seus fillos adoptivos [[Agripa]], [[Caio]] e [[Lucio]].
[[Ficheiro:Templi-greci-it.gif|miniatura|largopx|esquerda|Plantas dos templos gregos, base dos romanos]]
A [[planta circular]] aplicouse aos templos de [[Vesta (deusa)|Vesta]], en memoria da cabana romana; segundo [[Vitrubio]], podía ter ou non ''[[cella]]'' interior, sendo o primeiro un ''tholos'' con [[pórtico]], como o de [[Tívoli]], de tempos de [[Sila]], ou o do foro romano. Notable tamén o [[templete de Baalbek]], precedido dun pronaos tetrástilo, e sobre todo o [[Panteón de Agripa]], fundado por Augusto e refeito por [[Hadrián]], cuberto por unha enorme bóveda e precedido por un pronaos octóstilo. Unha planta especial é a dos [[capitolio]]s, adicados á [[Tríade Capitolina]], con tres cellas contiguas e paralelas en sentido lonxitudinal, situándose a [[Xúpiter (deus)|Xúpiter]] no centro, á dereita [[Xuno]] e á esquerda [[Minerva]]; os sacrificios ofrecíanse na porta da capela de quen se quería honrar; outros capitolios acháronse en [[Timgad]] ([[Alxeria]]), [[Pompeia]], [[Sbeitla]] ([[Tunisia]]), e outros lugares ata onde se espallou o [[Imperio Romano|Imperio]].
 
Hai outras plantas resultantes da introdución de cultos orientais cuns ritos determinados; así os de [[Cibeles]], [[Isis]] e [[Serapis]]. No [[Mediterráneo]] foron numerosos os templos dedicados a [[Mitra (mitoloxía)|Mitra]], primeiramente en [[cripta]]s e logo en cámaras rectangulares con fiestras e instalacións para o [[sacrificio do touro]] e as lustracións, cun altar no que se representaba invariablemente a morte do touro polo deus. No [[norte de África]] hai moitos exemplos de templos de forma particular, como o de ''Iuno Celestis'' ([[Tanit]]) en [[Dugga]] ([[Tunisia]]), disposto nun patio semicircular.