Áiax o Menor: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎top: Arranxos varios
Liña 6:
Liderou o destacamento de Locri durante a [[guerra de Troia]], na que tivo un papel importante.
 
Foi un dos guerreiros que penetraron na cidade escondidos dentro do [[Cabalo de Troia]]. Nesta última batalla, xunto con [[Neoptolemo]], fillo de [[Aquiles]], intérnase no pazo real, onde o primeiro asasinou ó rei Príamo, mentres que Áiax encontrou á princesa [[Casandra]] refuxiada baixo un altar dedicado a [[Atenea]]. E aínda que esta pediu piedade por respecto á deusa, Áiax, no frenesí do saqueo non a escoitou e a violou alí mesmo.
 
Isto provocou a ira de Atenea, que coa axuda de [[Poseidón]] fixo que a nave de Áiax naufragara durante a fatídica tempestade que dispersou a frota grega no seu regreso á patria.
 
De aí que da súa morte existen dúas versións. A máis difundida é que pereceu afogado cando o seu barco se afundiu ó estrelarse contra un promontorio chamado "As rochas Xiras" no [[mar Exeo]]. A outra sostén que a auga o deixou sobre unha desas pedras mentres estaba inconsciente. Unha vez que a tormenta escampou e Áiax espertou, sabendo que a tormenta era obra de Poseidón para castigalo polos seus pecados, comezou a burlarse do Deus dicindo que por máis esmero que puxera non conseguira matalo. Para a súa desgraza, como se dunha resposta se tratase, unha man sostendo un tridente emerxeu das augas e llo arroxou. A arma atravesou o peito de Áiax e o ensartou á rocha, matándoo ó instante. Dise que tan pronto como a súa alma o abandonou, o tridente e o seu corpo se transformaron en pedra e alí quedaron, como unha rocha alta que sobresae das augas do mar Exeo.