Renminbi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
m →‎Historia: Arranxos varios
Liña 8:
O renminbi foi emitido por vez primeira polo [[Banco Popular de China]] en decembro de 1948, cerca de un ano antes de que o [[Partido Comunista Chinés]] vencese na [[Guerra Civil Chinesa]]. Unha das urxentes tarefas do novo goberno comunista era acabar coa [[hiperinflación]] que afectara China desde os anos finais da época do [[Kuomintang]] (KMT). Máis tarde efectuouse unha revalorización que tivo lugar en [[1955]] a razón de 1 novo iuan = 10.000 vellos iuans.
 
Durante a época da [[economía dirixida]], o valor do RMB taxouse en valores irreais de cambio a respecto das moedas occidentais, e foron postas regras duras de troca monetaria. Coa apertura económica da China continental en [[1978]], instituíuse un [[sistema monetario dobre]], no que o renminbi só era usado domesticamente, sendo os estranxeiros forzados a utilizar [[certificacións de troca estranxeira]]. Os irreais niveis de [[ratio]]s de [[troca monetaria|troca]] nas transaccións conduciron a un forte [[mercado negro]] das transaccións monetarias.
 
A finais da década de 1980 e comezo da de 1990, a RPCh esforzouse en facer máis convertíbel o ''renminbi''. Mercé o uso de [[centros de troca]], a porcentaxes de cambio foron tomando niveis reais e o dobre sistema monetario foi abolido. O temor xerado pola crise financeira asiática de [[1998]] impediu a plena conversión da divisa chinesa.