Inés de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Unhanova (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 44:
Inés de Castro chegou a [[Portugal]] en [[1340]], integrada como [[aia]] no séquito de [[Constanza Manuel]], filla de Xoán Manuel de Castela, un poderoso nobre descendente da [[Casa real]] [[Coroa de Castela|castelá]], que iría casar co [[Pedro I de Portugal|príncipe Pedro]], herdeiro do trono portugués. O príncipe apaixonouse por Inés pouco tempo despois, neglixenciando a muller lexítima, Constanza, e pondo en perigo as débiles relacións con Castela. Tentando separar a Pedro e Inés, Constanza convida a Inés como madriña do seu primeiro fillo varón, o Infante Luís (1343), xa que de acordo cos preceptos da Igrexa Católica de entón, unha relación entre un dos padriños e un dos pais do bautizado era case incestuosa. O neno non durou un ano, o que fixo aumentar as desconfianzas en relación a Inés de Castro.
 
Sendo o romance adúltero vivido ás claras, o rei Afonso IV (que promulgara leis contra este tipo de situacións) manda exiliar a Inés no castelo de [[Albuquerque]], na fronteira española, en [[1344]]. Porén, a distancia non apagou o amor entre os dous apaixonados amantes e, segundo a lenda, continuaban a corresponderse con frecuencia. En outubro do ano seguinte, Constanza morreu ao dar á luz o futuro [[Fernando I de Portugal]], deixando a Pedro viúvo e un home libre. Inés voltou do exilio e os dous foron vivir xuntos lonxe da corte, tendo catro fillos: Afonso (morto de neno), [[Xoán de Portugal (1349)|Xoán]], [[Dinis, infante de Portugal|Dinis]] e [[Beatriz de Portugal|Beatriz]].
 
Afonso IV tentou por diversas veces organizar un terceiro casamento para o seu fillo, cunha princesa de sangue real, mais Pedro recusou tomar outra muller que non fose Inés. O vello Rei receaba da influencia da familia de Inés, os poderosos Castro, no seu fillo e herdeiro; alén diso, o único fillo home de Pedro e Constanza Manuel, [[Fernando I de Portugal|Fernando]], era un neno fráxil, e crecía a inseguridade en relación á súa vida para que un dos saudábeis fillos de Inés de Castro puidese ocupar o trono. A nobreza portuguesa tamén comezaba a inquietarse coa crecente influencia castelá sobre o futuro rei.
Liña 55:
=== Raíña póstuma ===
[[Ficheiro:Tableau Inés de Castro.jpg|miniatura|Coroación póstuma de Inés de Castro, por Pierre-Charles Comte.]]
Pedro tornouse o [[Lista de reis de Portugal|oitavo rei de Portugal]] en [[1357]]. En [[Xuño|xuño]] de [[1360]] fai a famosa declaración de [[Cantanhede]], lexitimando os fillos ao afirmar que casara secretamente con Inés, en 1354 "...en día que non se lembraba...". A palabra do rei, e do seu [[capelán]] foron a única proba deste casamento. Pedro perseguiu os asasinos de Inés, que tiñan fuxido para Castela. Pero Coello e Álvaro Gonçalves foron capturados e executados (segundo a lenda, o Rei mandou arrancar a un o corazón polo peito e ao outro polas costas, e asistiu á execución mentres se celebraba un banquete). Diogo Lopes Pacheco conseguiu escapar para [[Francia]], e foi máis tarde perdoado polo Rei no seu leito de morte.
 
Pedro mandou construír dous espléndidos túmulos no [[mosteiro de Alcobaça]], un para si e outro para onde trasladou os restos da súa amada Inés. A cerimonia do beixa man (representada por exemplo no cadro de Pierre-Charles Comte) tan vívida no imaxinario popular, probabelmente foi inserida nas narrativas do final do [[século XVI]], despois de que Camões escriba no seu Canto III a traxedia da Linda Inés. Pedro xuntouse a Inés en [[1367]], e os restos de ambos xacen xuntos até hoxe, fronte a fronte, para que, segundo a lenda ''"possam olhar-se nos olhos quando despertarem no dia do juízo final".''
Liña 66:
A primeira aparición dos amores de D.ª Inés na literatura dáse coas ''Trovas á Morte de Inés de Castro'', de [[García de Resende]], no ''[[Cancioneiro Xeral]]'' de [[1516]]. Mais é c´''[[Os Lusíadas]]'', de [[Luís de Camões|Camões]], que se constitúe o máis influente fondo lírico do episodio de Dona Inés de Castro, a «linda Inés», tal como xorde no Canto III.
 
A traxedia ''[[A Castro]]'' ([[1587]]), a primeira traxedia clásica portuguesa, de [[António Ferreira]], foi escrita con base na súa vida.
 
Na literatura en lingua castelá está a obra de [[Luis Vélez de Guevara]]: ''Reinar después de morir'' (c. 1640; publicada en Lisboa, 1652).