Jacques-Louis David: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Arranxos varios
Liña 29:
'''Jacques-Louis David''' ([[30 de agosto]] de [[1748]] - [[29 de decembro]] de [[1825]]) foi un pintor [[Francia|francés]] de bastante influencia no estilo [[Neoclasicismo|neoclásico]]. Buscou a inspiración nos modelos escultóricos e mitolóxicos [[Grecia Antiga|gregos]], baseándose na austeridade e severidade, algo que cadraba co clima moral dos últimos anos do [[antigo réxime]].
 
Máis adiante David chegou a ser un activo participante na [[Revolución Francesa]] así coma amigo de [[Maximilien de Robespierre]]; en realidade foi un dos máximos expoñentes artísticos da [[República Francesa]]. Encarcerado trala caída do poder de Robespierre, máis tarde aliñouse co advenimento doutro réxime político, o de [[Napoleón Bonaparte]]. Foi nesta época cando desenvolveu o seu ''Estilo Imperio'', notable polo uso de cores cálidas ao estilo [[Veneciano]].
 
Entre os seus numerosos alumnos cabe destacar a [[Antoine-Jean Gros]], [[Anne-Louis Girodet de Roucy-Triosson]] e o máis coñecido de todos: [[Jean Auguste Dominique Ingres]]. Isto fíxolle ser o pintor máis influente da arte francesa do [[século XIX]], especialmente nas pinturas académicas.
Liña 47:
Despois do salón, o rei permitiulle aloxarse no Louvre, un privilexio antigo e moi desexado dos grandes artistas. Cando o contratista dos edificios reais, M. Pecol, estaba a facer os oportunos arranxos con David, pediulle que casase coa súa filla, Marguerite Charlotte. Este matrimonio proporcionou a David cartos e, co tempo, catro fillos. David tiña alumnos propios, entre 40 e 50, e o goberno encargoulle que pintase Horacio defendido polo seu pai, pero Davidpronto decidiu: «Só en Roma podo pintar romanos». O seu sogro proporcionoulle o diñeiro que necesitaba para a viaxe, e David marchou a Roma coa súa esposa e tres dos seus estudantes, uns dos cales, Jean-Germain Drouais, era o gañador do Premio de Roma dese ano.
 
En Roma, David pintou o seu famoso ''[[Xuramento dos Horacios]]''. Os temas e motivos reiteraríanse en obras posteriores coma ''[[O xuramento do Xogo de Pelota]]'' e a ''[[Distribución das Aguias|]]''Distribución das Aguias'']]. Mentres no ''Xuramento dos Horacios'' e ''O xuramento do Xogo de Pelota'' se resalta a importancia do autosacrificio masculino polo propio país e por patriotismo, a ''Distribución das Aguias'' falaría do autosacrificio polo emperador ([[Napoleón I de Francia|Napoleón]]) e a importancia da gloria obtida no campo de batalla.
 
En 1787, David non se converteu no Director da Academia Francesa en Roma, unha posición que desexaba ardentemente. O conde encargado do nomeamento dixo que David era demasiado novo, pero dixo que o apoiaría dentro de 6 a 12 anos. Esta situación sería unha das moitas que fixeron que arremetese contra a Academia en anos futuros.
Liña 56:
 
== O xuramento dos Horacios ==
Tras terse dado a coñecer o estado encargalle que pinte ''Horacio defendido polo seu fillo'', porén David discrepa tanto no título coma nas dimensións, dando lugar ao ''[[Xuramento dos Horacios]]'' cun gran formato, 330 x 425  cm. Pintada en [[1785]] e actualmente exposta no [[Louvre]] é a obra máis coñecida de David e está considerada coma a obra cume da pintura [[Neoclasicismo|Neoclásica]].
 
A temática da obra é o cumprimento do deber por riba de calquera sentimento persoal. Toma a historia de [[Tito Livio]] no período de guerras entre [[Roma]] e Alba Longa ([[-668|668 a.C.]]). A disputa entre as dúas cidades decídese resolver por un combate inusual: os Horacios, trixéminos romanos, contra os Curiacios, trixéminos de Alba. O drama radica no parentesco familiar, xa que unha das irmás dos Horacios, Sabina, estaba prometida cun Curiacio. A pesar disto, e como vemos reflexado na obra, o pai Horacio exhorta os seus fillos a loita.
Liña 74:
O cadro na época foi acollido pola crítica de forma negativa polas ideas políticas ahí representadas.
 
{{ORDENAR:David,Jacques-Louis}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:David,Jacques-Louis}}
[[Categoría:Nados en 1748]]
[[Categoría:Finados en 1825]]