Roy Harris: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
m Arranxos varios
Liña 1:
{{sen referencias|data=xullo de 2016}}
'''Roy Harris''', nado o [[24 de febreiro]] de [[1931]], é catedrático emérito de [[Lingüística Xeral]] na [[Universidade de Oxford]]. Foi profesor universitario en [[Hong Kong]], [[Boston]] e [[París]] e profesor visitante e investigador en varias universidades e institucións surafricanas, australianas e indias.
 
== Traxectoria ==
Os seus libros sobre [[teoría da comunicación]], [[semioloxía]], [[historia do pensamento lingüístico]] e o que finalmente denominou [[lingüística integracional]] critican o falante ideal da [[lingüística xenerativa]] e as comunidades lingüísticas idealizadas por [[lingüística|lingüistas]] e [[sociolingüística|sociolingüistas]], así como o modelo condutual saussureano de falante e oínte e de códigos e regras, con que opera a [[lingüística estrutural]].
 
A súa filosofía da lingua cuestiona asuncións tradicionais do pensamento lingüístico occidental, propoñendo unha actitude radical ante a necesidade da desmitoloxizar as linguas e a lingüística e de adoptar unha nova lingüística fundamentada na visión dos signos como produtos resultantes (antes que causantes) da comunicación.
Liña 10:
 
=== Lingüística integracional ===
As investigacións levadas a cabo por Roy Harris nos últimos 25 anos centráronse no desenvolvemento dunha aproximación integracional ós [[signo (semiótica)|signos]] e ós [[semioloxía|sistemas semiolóxicos]], e polo tanto a toda a [[comunicación humana]].
 
A súa aproximación denominada [[lingüística integracional|integracionismo]] ou [[lingüística integracional]] parte do exame das actuais prácticas educativas ó tempo que se propón unha revisión da [[historia do pensamento lingüístico]] dende [[Platón]] á actualidade, nunha perspectiva que difire radicalmente da visión tradicional das linguas e da comunicación de base mecanicista e estrutural.
 
A [[lingüística postestrutural]] que Harris postula na súa abordaxe integracional presenta importantes implicacións para o noso comprendemento das relacións interpersoais así como das sociedades modernas e dos seus recursos comunicativos, incluído o discurso público das artes e as ciencias. A revista interdisciplinar que dirixe con [[Talbot J. Taylor]] destinada á discusión da comunicación verbal e non-verbal pretende a '''integración''' da lingua con outras actividades e comportamentos interactivos (de aí o nome de integracionismo) de maneira que se poida desenvolver unha ciencia da comunicación non restrinxida por fronteiras disciplinares.