República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m →‎top: Arranxos varios
Liña 30:
|-
| Área Total
| 186,100  km²
|-
| [[Moeda]]
Liña 41:
A '''Repúbica Socialista Soviética Federativa Transcaucásica''' (Закавказская Сове́тская Федерати́вная Социалисти́ческая Респу́блика, ЗСФСР) foi unha curta república soviética ([[1922]]–[[1936]]), constituída por [[Xeorxia]], [[Armenia]], e [[Acerbaixán]], que foron coñecidas tradicionalmente como as '''Repúblicas Transcaucásicas''' na [[Unión Soviética]]. A capital da república foi [[Tbilisi]].
 
As raíces da república veñen da disolución do [[Imperio Ruso]] en [[1917]], durante a [[Revolución Rusa de 1917|revolución rusa]], cando as provincias do [[Cáucaso]] se separaron e tentaron formar o seu propio estado federal chamado a [[República Federativa Democrática Transcaucásica|Federación Transcaucásica]]. Os diferentes intereses nacionais e a guerra con [[Turquía]] levaron á disolución da república medio ano despois, en abril de [[1918]].
 
Nos seguintes anos, os tres territorios atravesaron guerras civís con moita intervención do [[Exército Vermello]], e convertéronse en Repúblicas Soviéticas. En decembro de 1922, todo o territorio foi reunificado nunha soa república. En 1936, a república foi disolta e os tres países convertéronse na [[RSS de Xeorxia]], a [[RSS de Armenia]] e a [[RSS de Acerbaixán]].